Xineceo (botánica)

conxunto de órganos reprodutores femininos dunha flor

O xineceo é o conxunto de órganos reprodutores femininos dunha flor, ou sexa, o conxunto dos pistilos.

Xineceo dunha flor

Partes e características editar

Engloba os carpelos, constituídos polos estigmas, estiletes e ovarios, localizándose, en case todos os casos, no centro da flor. Ás veces está constituído só por un único carpelo. O seu nome provén da división existente nas casas da antiga Grecia reservada ás mulleres. A parte masculina da flor desígnase como androceo.

A contaxe do número de carpelos nunha flor débese facer tendo en conta os ovarios, que constitúen a base dos mesmos, xa que algúns estigmas están profundamente fendidos.

O xineceo desígnase como sincárpico cando está formado por un ou máis carpelos fundidos na base e é clasificado como apocárpico se os carpelos aparecen distintos uns dos outros.

Fecundación editar

Cando o gran de pole cae no estigma dunha flor, ocorre a súa xerminación: o gran de pole hidrátase, a exina rompe e proxéctase a intina, formando o tubo polínico. Unha vez formado o tubo polínico, este comeza a medrar ao longo do estilete. O núcleo xerminativo divídese por mitose e forma dous núcleos espermáticos ou gaméticos. O tubo polínico alcanza o ovario, penetra no óvulo a través da micrópilo e ocorre unha dobre fecundación.

Unha vez ocorrida a fecundación, o óvulo fecundado desenvólvese e forma a semente. No interior do óvulo, o cigoto 3n divídese por mitose e forma un tecido de reserva, chamado endosperma secundario. Despois da formación do endosperma, o cigoto 2n divídese por mitose e forma o embrión.

Androceo editar

Está formado polo conxunto de estames, e é tamén o conxunto de órganos reprodutores masculinos da planta. Algunhas plantas posúen o xineceo e mais o androceo, dese xeito cando un polinizador bate as ás, ao se alimentaren do pole, as células reprodutoras do androceo caen no xineceo e ocorre a formación dunha nova planta.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar