O perigonio[1] (peri: ao redor; gonio: estruturas de reprodución) é unha envoltura que presentan algunhas flores nas que o cáliz e a corola son moi semellantes en tamaño e cor fusionándose preto do receptáculo, e polo tanto non se pode determinar se son pétalos ou sépalos (é dicir, tódalas pezas dos ciclos estériles da flor son iguais entre si). As pezas que o compoñen reciben o nome de tépalos.

Perigonio (de cor crema) e paraperigonio (amarelo) dun amarelle (Narcissus).

Se os tépalos se parecen a un pétalo, o perigonio chámase corolino (de corola), e se se parecen a sépalos dise perigonio calicino (de cáliz).

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para perigonio.