Zsuzsa Kun

bailarina húngara

Zsuzsa Kun, nada como Zsuzsanna Kún en Budapest o 9 de decembro de 1934 e finada o 24 de decembro de 2018 , foi unha bailarina e mestra de ballet húngara.

Infotaula de personaZsuzsa Kun
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte24 de decembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir, 32/5-0-1-20 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina , mestre de ballet Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeViktor Fülöp
Levente Sipeki
Premios

IMDB: nm1550174 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Ferenc Kún e Viktória Lerch. O pioneiro da formación moderna no ballet húngaro Ferenc Nádasi deulle clases na escola de ballet da Ópera Estatal de Hungría entre 1943 e 1949 e nese ano pasou a formar parte do seu elenco permanente. A partir de 1950 o ballet húngaro asumiu o estilo de danza soviético e de 1950 a 1952 Zsuzska continuou os seus estudos en Moscova e Leningrado e ao volver converteuse en bailarina solista da Ópera Estatal. De 1955 a 1956 canda Viktor Fülöp, seu primeiro marido, foi bolseira na escola de ballet do Bolshoi en Moscova [1] e de novo en Hungría converteuse na estrela feminina da danza e intérprete dos papeis principais do repertorio clásico[2] e foi bailarina invitada do Bolshoi e do London Festival Ballet[3]. De 1972 a 1979 exerceu como directora do Instituto Estatal de Ballet e a partir de 1979 foi mestra de ballet.

Ballets editar

Notas editar

  1. ""Hideg fejem az nem volt, csak szívem" - 80 éves Kun Zsuzsa balettművész". Színház, 9 de decembro de 2014
  2. "Zsuzsa Kun: Bolshoi-trained Hungarian ballet dancer and teacher". Independent. 9 de febreiro de 2019. 
  3. Debra Craine e Judith Macrell (2010). The Oxford Dictionary of Dance. Oxford University Press. p. 259.