Zoolóxico humano

Os zoolóxicos humanos, tamén chamadas exposicións etnolóxicas, foron unha serie de exhibicións levadas a cabo durante os séculos XIX e XX arredor de humanos erradamente considerados como nun estado primitivo, e describen unha actitude cultural de supremacía racial.[1][2] Seguiron o modelo implantado por Carl Hagenbeck, promotor das exhibicións humanas realizadas no Xardín de Aclimatación de París, e realizáronse dende a década de 1870, até principios da década de 1930.[3][4] Foi popularizado pola publicación en 2002 da obra Zoolóxicos humanos, escrito por varios historiadores franceses especialistas do fenómeno colonial.

Selk'nam levados a París por Maître en 1889.

As exposicións coloniais foron a ocasión de presentar ao público da metrópole unha mostra dos diferentes pobos colonizados, postos en escena, en situación forzada nun ambiente reconstruído.

Eufemisticamente tamén eran coñecidos como «exposicións etnolóxicas» ou «cidades de negros», salientando as diferenzas culturais entre as nacións occidentais e as non europeas. Estes zoos etnográficos foron criticados[5] por alevosamente degradantes da condición humana, e por racistas.

NotasEditar

  1. "Los zoológicos humanos, una siniestra práctica de las sociedades coloniales". mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2019. 
  2. "En Madrid existió un zoológico humano en el Parque del Retiro en 1887". Los Replicantes (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2019. 
  3. Sánchez Arteaga, Juanma (30 de xuño de 2010). "La antropología física y los «zoológicos humanos»: exhibiciones de indígenas como práctica de popularización científica en el umbral del siglo XX". Asclepio 62 (1): 269–292. ISSN 1988-3102. doi:10.3989/asclepio.2010.v62.i1.305. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  4. López Sanz, Hasan G (2017). Zoos humanos, ethnic freaks y exhibiciones etnológicas : una aproximación desde la antropología, la estética y la creación artística contemporánea. Concreta textos (en castelán). Valencia: Editorial Concreta. ISBN 978-84-946891-0-9. 
  5. Sánchez Arteaga, Juanma; Niño El-Hani, Charbel (2010-6). "Physical anthropology and the description of the 'savage' in the Brazilian Anthropological Exhibition of 1882". História, Ciências, Saúde-Manguinhos 17 (2): 399–414. ISSN 0104-5970. doi:10.1590/S0104-59702010000200008. Consultado o 2 de abril de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar