Zisi

filósofo chinés

Kong Ji, máis coñecido como Zisi (chinés tradicional e simplificado: 子思; pinyin: Zǐsī; Wade-Giles: Tzu3-ssu1), nado contra o 481 a.C. e finado cara ao 402 a.C., foi un filósofo chinés, neto de Confucio, ao que se lle atribúe o Zhongyong, un dos Catro Libros.

Infotaula de personaZisi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento483 a. C. Editar o valor em Wikidata
China Editar o valor em Wikidata
Morte402 a. C. Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Lu Editar o valor em Wikidata
RelixiónConfucianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoConfucianismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresZengzi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosMencio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosKong Bai (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiKong Li (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
A tumba de Kong Ji no cemiterio de Confucio (Qufu)

Traxectoria

editar

Zisi era o fillo de Kong Li, así como o único neto de Confucio. Segundo a tradición, transmitiu as ensinanzas confucianas a Mencio[1] e escribiu o Zhongyong ou "Doutrina do medio", un dos Catro Libros. Tamén se lle atribúen o Wuxing, o Biaoji, o Ziyi e mais o Fangji, que na actualidade son capítulos do Liji ou "Libro dos ritos". Porén, Zisi non puido coincidir no tempo con Mencio, polo que algúns autores suxiren que foi mestre de Shi Shuo, quen despois ensinaría a Mencio.[2]

Namentres o seu avó distinguiu entre o coñecemento verdadeiro e o aparente, Zisi iniciou as súas disquisicións dende a noción da relatividade do coñecemento humano. Tentou analizar as accións humanas en base a diferentes tipos, e defendeu que as persoas sabias que son conscientes dos seus deberes morais e intelectuais poden copiar a realidade do universo neles mesmos.

Xunto con Mencio, Zisi foi obxecto das críticas de Xunzi, quen atacou sobre todo as doutrinas do Wuxing. Segundo Zhang Binglin (1868-1936), Zisi tratou de combinar as ensinanzas confucianas cos principios da numeroloxía chinesa. Pola súa banda, Li Xueqin (1933-2019) suxeriu que esta mestura de influencias está baseada no Shangshu.[3]

Influencia

editar

No Lu Mu gong wen Zisi 魯穆公問子思 ("O duque Mu de Lu pregunta a Zisi"), un dos textos de Guodian, desenvólvese a noción de zhongchen 忠臣 ("oficial leal") a través dun diálogo ficticio entre o duque Mu (século IV a.C.) e Zisi.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar