Zenit (cámara)

Marca rusa

Zenit (en ruso: Зени́т) é unha marca rusa (orixinalmente soviética) de cámaras e obxectivos fotográficos. Os corpos destas cámaras foron producidos polas fábicas KMZ dende 1952 ata 2005 en Moscova e por BelOMO dende a década de 1970 en Belarús, os obxectivos normais Helios-44 que maioritariamente as acompañan foron producidos tamén en Moscova, Valdái e Vileyka. A marca Zenit identifícase principalmente coas cámaras SLR de 35 mm, aínda que outros tipos de cámaras non réflex utilizaron este nome.

Primeiro modelo da Zenit, producido en 1952 en Moscova, cun obxectivo Industar.

Historia editar

Primeiros anos editar

A primeira cámara Zenit estaba baseada na cámara telemétrica Zorki (a cal era unha copia da Leica II). Ao transformar a Zorki nunha cámara réflex de único obxectivo eliminouse o telémetro e transfoumouse nunha pantalla de vidro mate e un prisma; engadiuse un espello móbil cun sistema de aparellos, polo cal a montura de rosca de 39 mm tivo que ser desprazado para adiante.

Durante os primeiros anos de produción (ata a Zenit-E, de 1967), o desenvolvemento das cámaras Zenit era semellante ás das Zorki.

Zenit-E e os seus sucesores editar

 
Zenit-E cun obxectivo Industar e fotómetro de selenio. Á dereita pode observarse o emblema dos Xogos Olímpicos de Moscova de 1980.

Dende 1967 ata 1969 KMZ desenvolveu un sistema metalúrxico que permitía a fabricación masiva de cámaras. A produción de cámaras evolucionou ao sistema de montura M42. Ademais, un espello de retorno automático foi incorporado. Isto levou a creación dun dos seus modelos máis coñecidos, a Zenit-E, da cal se produciron preto de 12 millóns de exemplares (incluíndo os subtipos). Os principais eventos do desenvolvemento posterior das Zenit-E foron:

  • A introdución dun diafragma automático no modelo Zenit-EM.
  • O sistema de medición Through the lens (TTL) na Zenit-TTL.
  • Hai dúas variantes da Zenit-12XP, unha máis metálica e sen telémetro de imaxe partida e outra posterior máis plástica e con telémetro de imaxe partida.
  • A evolución á montura Pentax K na Zenit-122K.
  • A introdución do código DX (reemplazando o control manual de velocidade ISO) na Zenit-412DX.

Modelos editar

Primeiros modelos editar

Con carga inferior da película editar

  • Zenit (sen número orixinalmente, pero coñecida agora como Zenit 1)
  • Zenit-S
  • Zenit-3

Con carga posterior da película editar

  • Kristall
  • Zenit-3M

Cámaras semi-automáticas editar

  • Zenit-4
  • Zenit-5
  • Zenit-6

Cámaras da serie Zenit-E editar

 
Zenit-EM de 1978, cun obxectivo Helios-44M.

Modelos con fotómetro de selenio editar

  • Zenit-E
  • Zenit-EM
  • Zenit-ET
  • Zenit-10
  • Zenit-11

Modelos sen fotómetro de selenio editar

  • Zenit-V (tamén coñecida como Zenit-B)
  • Zenit-VM (tamén coñecida como Zenit-BM)

Cámaras con medición a través da lente e montura M42 editar

  • Zenit-TTL
  • Zenit-12
  • Zenit-12xp, Zenit 12SD
  • Zenit-122
  • Zenit-122V (tamén coñecida como Zenit-122B)
  • Zenit-312m
  • Zenit-412DX
  • Zenit-412LS
 
Zenit-212K cun obxectivo MC Variozenitar.

Cámaras coa medición a través da lente e montura Pentax K editar

  • Zenit-122K
  • Zenit-212K

Cámaras con montura propia editar

  • Start
  • Zenit-7
  • Zenit-D

Cámaras automáticas con montura M42 editar

  • Zenit-16
  • Zenit-19
  • Zenit-18
  • Zenit-MT-1 Surprise (variante de medio formato da Zenit-19)

Cámaras da serie Zenit Ax con montura Pentax K editar

  • Zenit-Avtomat
  • Zenit-AM
  • Zenit-AM2
  • Zenit-APM
  • Zenit-APK
  • Zenit-KM
  • Zenit-KM plus

Modelos fabricados só en Belarús editar

  • Zenit-15M
  • Zenit-12XS
  • Zenit-122 (diferente modelo respecto á Zenit-122 de KMZ)
  • Zenit-21XS
  • Zenit-12PRO
  • Zenit-12XSL
  • Zenit-130

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar