Zdeněk Bárta

esgrimista checo

Zdeněk Hynek Bárta, nado en Františkodol (Světlá nad Sázavou) o 15 de maio de 1891 e finado en Praga o 1 de abril de 1987, foi un empresario e deportista checo, que competiu en esgrima nos Xogos Olímpicos.

Infotaula de personaZdeněk Bárta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1891 Editar o valor em Wikidata
Františkodol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 1987 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Praga Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBohemia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexecutivo , tenista , artista visual Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Checa Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo
golf
tenis
esgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1912Xogos Olímpicos de 1912 Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiVojtěch Bárta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Zdeněk Hynek Bárta en 1919

Traxectoria editar

Fillo de Vojtěch Bárta, propietario dunha fábrica de vidro de Františkodol e fundador da sociedade Bárta a spol. Comezou a practicar deportes mentres estudaba na Academia Alemá de Negocios de Praga, foron moitos os deportes que practicou, en remo competiu na primeira Pražské primátorky (1910) pero sobre todo destacou en esgrima, era membro do club ČŠK Riegel onde sobresaía como un novo talento en florete e sabre, aprendendo sobre todo do veterano e recoñecido esgrimista checo Vilém Goppold von Lobsdorf. A partir de 1908 competiu en torneos internacionais. En 1912 formou parte da delegación de Bohemia que participou nos Xogos Olímpicos de Estocolmo competindo en espada e sabre individual.

Tras completar os seus estudos estivo algún tempo en Gran Bretaña e os Estados Unidos, volvendo en 1914. Ao morrer seu pai en 1917 fíxose cargo da firma familiar que por mor da primeira guerra mundial estaba nunha situación delicada e finalmente en 1919 acabou declarándose en quebra,[1] pasando a maior parte a un banco, que estableceu a compañía Bohemia, dříve Bárta a spol.[2]

 
Deseño de Bárta
 
Bárta xogando ao tenis en 1963 en Františkodol

Non obstante quedou Bárta puido quedar como director da compañía. En 1930 aceptou unha lucrativa oferta e estableceuse en Libochovice nunha importante empresa vidreira, traballando alí ata 1945. Durante eses anos fíxose un experto na industria do vidro, e foi autor de deseñor e esculturas en vidro. En 1945 estableceuse como administrador dunha fábrica de vidro en Košťany e en 1946 estableceuse en Praga como vicepresidente da sección de exportacións na nova compañía estatal para a fabricación de vidro oco e en 1948 ao fundarse a compañía estatal para a exportación de vidro, Skloexport, foi o director de exportacións de vidro oco ata a súa xubilación ao principio da década de 1950.

Notas editar

  1. Pleva, František (1999). Toulky Vysočinou. p. 70. ISBN 80 238 425 8 7. 
  2. Pleva, František (1999). Toulky Vrchovinou. p. 70. ISBN 80 238 425 8 7.