Zapatones
Juan Carlos Lema Balsas[1] comunmente coñecido coma Zapatones, supostamente nado na Ponte do Porto, Camariñas en 1954[2] e finado o 15 de maio de 2015[3] en Pontevedra, foi unha personalidade do espectáculo de Galicia, famoso pola súa presenza continuada na Praza do Obradoiro caracterizado coma peregrino[4].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 Camariñas, España |
Morte | 15 de maio de 2015 (60/61 anos) Pontevedra, España |
Traxectoria
editarDe pais descoñecidos, Juan Carlos Lema foi abandonado cando era un bebé. Levárono á Casa Berce da Coruña, das Irmás da Caridade, onde estivo ata os seis anos. A continuación pasou ao Colexio Salesiano desa cidade, e posteriormente ao localizado na parroquia de Castrelo, en Cambados. Así mesmo, estivo preso por furtos e por desacato durante o servizo militar.
En 1993, co gallo do Ano Xacobeo, comezou a traballar en Santiago de Compostela disfrazado de peregrino, de forma continuada, e facendo fotografías cos turistas, empregando sempre o mesmo disfrace e deixando medrar a barba. Desempeñou este oficio durante practicamente dúas décadas, ata 2011. En decembro dese ano, este veciño do barrio de Sar foi desafiuzado da súa casa e ingresou nun centro de rehabilitación para tratar os seus problemas de alcoholismo[5].
O personaxe de Zapatones
editarSobre a súa fixación por Santiago de Compostela, orixinouse mentres traballaba de camareiro nun restaurante de Cambados:
Cuando trabajaba en el restaurante Fariña hice mi primera peregrinación con el hijo de los dueños del local. Fue un solo día, y desde Cambados, pero me atrapó. Después, al salir de la cárcel militar, andaba de parra en parra, y un día en Santiago, mirando a la Catedral, lo pensé. Resulta que Daniel Otero, un comerciante que estaba cerca de Platerías, tenía un muñeco vestido de peregrino. Le pedí el traje, y así fue... Una de sus nueras, Marisa, me decía "eres un zapatones", y me gustó. De este modo logré ganarme honradamente la vida y empecé a sentir que la sociedad me abría, por fin, las puertas. No pedía nada, pero la gente me daba dinero por hacerse fotos conmigo, y me dejé la barba.
Notas
editar- ↑ Aínda que en "Me abandonaron recién nacido y los salesianos fueron mis padres" Arquivado 02 de xullo de 2009 en Wayback Machine. aparece citado como Lama Basas, as demais fontes consultables sinalan Lema Balsas. Lama é un apelido do sur de Ourense, mentres que só hai un Basas en Galicia, en Vigo; porén, tanto Lema como Balsas son apelidos comúns e específicos (Cartografía dos apelidos de Galicia Arquivado 06 de decembro de 2011 en Wayback Machine.) da zona da Costa da Morte (Camariñas), de onde provén este home.
- ↑ ""Me abandonaron recién nacido y los salesianos fueron mis padres"". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2011.
- ↑ ELISA ÁLVAREZ (15/05/2015). "Morre «Zapatones», o peregrino máis popular de Compostela".
- ↑ "Zapatones". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2011. Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Zapatones ingresará voluntariamente en un centro asistencial cerca de Santiago, artigo de Nacho Mirás, La Voz de Galicia, 13/12/11.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lorenzo, María José (2024). Zapatones, el peregrino eterno. Literatura Abierta.