Yoly Saa

cantautora galega


Yolanda Saa Filgueira, coñecida como Yoly Saa, nada en Pontevedra o 4 de outubro de 1992, é unha cantautora e ex xogadora de fútbol sala galega.

Infotaula de personaYoly Saa

(2021, Teatro Lara (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Yolanda Saa Filgueira Editar o valor em Wikidata
4 de outubro de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor em Wikidata -
Selo discográficoWarner Music Spain Editar o valor em Wikidata
Participou en
2024Benidorm Fest 2024
29 de setembro de 2022Dúos increíbles Editar o valor em Wikidata

Facebook: yolysaafi Twitter: YolySaaFi Instagram: yolysaafi Youtube: UCZLNFA6AIeBegxkjuV0VEhA Spotify: 599d8L6EF6XYR133olSRTW Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira deportiva editar

Comezou a xogar ao fútbol sala na canteira do Queiroga, equipo pontevedrés que acabou por fusionarse coa sección feminina do Leis.[1] Converteuse nunha das mellores xogadoras do equipo, o que lle supuxo ser convocada en numerosas ocasións pola selección galega, tanto nas categorías inferiores como máis tarde na selección absoluta.[1] No 2012 deixou o Leis para fichar polo Poio Pescamar, da Segunda División española, equipo co que na súa primeira tempada conseguiu o ascenso á Primeira División.[2] Durante esa época compaxinaba os seus partidos na máxima categoría do fútbol sala cos seus estudos de Educación Infantil e cos inicios da súa carreira musical.[3]

Despois de tres tempadas en Primeira co Poio, no verán de 2016 regresou ao Leis, pero non conseguiu adaptarse ao equipo, polo que acabou pedindo a baixa do club.[4]

Carreira musical editar

Comezou a cantar dende moi pequena grazas ao seu pai, quen lle inculcou a paixón polos boleros.[5] Con 13 anos regaláronlle a súa primeira guitarra polo Nadal e comezou a tocar de forma autodidacta,[5] comezando a compoñer as súas propias cancións con 18 anos, influenciada pola irrupción do cantautor galego Andrés Suárez.[6][7] En 2013, mentres xogaba no Poio Pescamar, un amigo convenceuna para realizar unha versión do tema "Lucha de gigantes" de Antonio Vega e publicala na súa canle de YouTube. O vídeo tivo éxito e deulle recoñecemento no panorama musical galego,[8] comezando ese mesmo ano a realizar as súas primeiras actuacións con público.[3]

En 2018 decidiu marchar a Madrid para apostar pola súa carreira musical.[9] Comezou a tocar no Metro de Madrid e máis tarde pasou a actuar en diversos bares de música en vivo.[10][11] Presentouse ao concurso Abriendo Ventanas lanzado por Andrés Suárez en 2018 e acabou gañando o certame, que tiña como obxectivo buscar novos artistas emerxentes que o acompañasen como abreconcertos.[12] En 2020 asinou un contrato coa discográfica Warner Music.[13]

Ese mesmo ano publicou o seu primeiro EP, titulado Magma, pero foi en 2021, co lanzamento de Todo contigo cando a artista acadou sona no panorama musical español, conseguindo varios millóns de reproducións en Spotify en pouco tempo e soando habitualmente nas emisoras de radio do país.[14]

En abril de 2022 publicou A golpes de fe, o seu primeiro álbum, conformado por 11 temas, e en outubro do mesmo ano comezou a súa participación no concurso de TVE, Dúos increíbles, formando parella coa veterana artista Sole Giménez coa que acadou a final.[15][16]

Ademais ten traballado como compositora e letrista para diferentes artistas como Luz Casal ou Malú.[13]

Discografía editar

  • Magma (2020). EP.
  • Golpes de fe (2022).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "ELENA, YOLI E IRENE, NUEVAS JUGADORAS DEL POIO PESCAMAR FS" (en castelán). 23 de agosto de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2023. [Ligazón morta]
  2. Méndez, Álex (2 de xuño de 2013). "El Poio Pescamar ya es de Primera". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 D. Amil, Nieves (30 de novembro de 2013). "La delantera más marchosa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  4. "El Leis pide 3.000 euros a Yoli Saa para darle la baja y que pueda volver al Poio". Diario de Pontevedra (en castelán). 23 de novembro de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 "Yoly Saa presenta su primer disco ‘A golpes de fe’ en ‘Hueso en CADENA 100’: “Los boleros forman parte de mí”". Cadena 100 (en castelán). 24 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  6. "Martha Carpe, Yoly Saa y Ainoa Buitrago en acústico en La Tertulia" (en castelán). 26 de abril de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  7. "Yoly Saa: «Si alguien se siente un poquito menos solo con algunas de mis canciones, para mí eso es ganar»" (en castelán). 26 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  8. "Concierto de Yoly Saa en la Fábrica de chocolate club de Vigo" (en castelán). 30 de setembro de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  9. "Yoly Saa: «Un éxito es también tocar en el metro»" (en castelán). 25 de maio de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  10. "Quiés es Yoly Saa: de futbolista profesional a promesa del pop". Televisión Española (en castelán). 29 de setembro de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  11. "Yoly Saa, sobre ‘Ya No Volverás’, su nuevo tema: “Soy partidaria de mostrar todos los tipos de amor”" (en castelán). 16 de outubro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  12. "Andrés Suárez protagonizará tres noches especiales en Madrid" (en castelán). 26 de decembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  13. 13,0 13,1 "Yoli Saa, futura promesa del 'pop', en CADENA 100: desde su fichaje de película a su trabajo con Malú". Cadena 100 (en castelán). 5 de outubro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  14. "Yoly Saa: la nueva promesa del pop nacional es de Pontevedra y tiene 28 años". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de marzo de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  15. "'Dúos increíbles' eligió a sus tres parejas finalistas, con una clara favorita al margen de la votación más reñida" (en castelán). 9 de decembro de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  16. "'Dúos increíbles' dio su primera victoria en la noche en que Ana Belén cantó en chino y visitó el barrio de 'Cuéntame'" (en castelán). 7 de outubro de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023.