Yohana Gómez

futbolista española

Yohana Gómez Camino, nada en San Pablo de los Montes, Toledo, o 20 de xaneiro de 1994, é unha futbolista española. Xoga como porteira no Deportivo da Coruña da Segunda División.

Yohana
Información persoal
Nome Yohana Gómez Camino
Nacemento 20 de xaneiro de 1994
Lugar de nacemento San Pablo de los Montes
Altura 1,68 m.
Posición Porteira
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Carreira xuvenil
2008–2012 CDE Gálvez
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Guadamur
2013–2014 Almagro FSF (fútbol sala)
2014–2017 Guadamur
2017–2020 TACON 13+
2020–2021 Real Madrid 4 (0)
2021–2022 Rayo Vallecano 4 (0)
2022– Deportivo da Coruña 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de xullo de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada na localidade toledana de San Pablo de los Montes, comezou a súa carreira como futbolista no concello próximo de Gálvez, militando nas filas do CDE Gálvez.[1] Tras catro anos neste club, fichou en 2012 polo Guadamur. En 2013 pasou ao fútbol sala e xogou durante unha tempada no Almagro FSF. A continuación regresou ao Guadamur, no que militou durante as seguintes tres tempadas.[1]

En 2017 fichou polo CD TACON de Madrid, da Segunda División, club co que logrou o ascenso á Primeira División na campaña 2018/19.[2] En 2020 o club foi absorbido polo Real Madrid, que creou así a súa sección feminina.[3] O seu debut produciuse o 6 de xaneiro na Cidade Deportiva de Valdebebas ante o Madrid Club de Fútbol, tras substituír a súa compañeira Misa Rodríguez nos minutos finais do partido.[4] Con todo, apenas dispuxo de minutos durante a tempada, sendo case sempre suplente de Misa.

Deixou o club ao final da tempada e incorporouse ao Rayo Vallecano.[5] No equipo de Vallecas tampouco conseguiu facerse co posto de titular, tendo como competencia pola portería a Patricia Larqué. Disputou só cinco partidos durante a tempada, catro deles na liga e un na Copa da Raíña.

En xullo de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Segunda División.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Yohana Gómez, nova xogadora do Dépor ABANCA 22-23". Deportivo da Coruña. 12 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  2. "2-0. El CD Tacón logra el ascenso a Primera". Telemadrid (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  3. "Las jugadoras del Real Madrid Femenino se vuelcan con La Liga: "Seguiremos vuestros pasos"" (en castelán). 17 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  4. Página oficial de LaLiga (ed.). "Reporte Real Madrid-Madrid CFF (6 de enero)". Consultado o 7 de enero de 2021. 
  5. Unión Rayo (ed.). "El Rayo Femenino ficha a Yohana Gómez". Consultado o 17 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar