Ylä-Anus (en ruso: Верхнеолонецкий) é unha localidade de 321 habitantes[1] do municipio de Kotkatjärvi no distrito Olonets da República de Carelia.

Entrada a Ylä-Anus

Localización editar

Sitúase na beira nordés do lago Voruzjärvi, a 2 km da estrada K 21 (antiga M 18)[2] que une Murmansk con San Petersburgo, a 21 km ao norte do lago Kotkatjärvi e a 65 km da vila de Olonets

Historia editar

No século XIX coñecíase como Reboinselgy e pertencía ao uezd do Olonets da gubernia de Olonets. Durante a segunda guerra ruso-finesa (1941 – 1944) a localidade quedou practicamente destruída e logo da guerra construíronse vivendas para os traballadores forestais

No ano 2009 erixiuse unha igrexa ortodoxa dedicada a San Tadeo de Petrozavodsk.

Demografía editar

En 1959 a localidade tiña 900 habitantes.

2009 2010 2013
432 ↘327 ↘321

Notas editar