Abrir o menú principal

O Yeclano Deportivo é un club de fútbol de España, da cidade de Yecla, na Rexión de Murcia. Foi fundado en 2004 e actualmente xoga na Segunda División B Española, logo de ascender na tempada 2011-12.

Yeclano
NomeYeclano Deportivo
Fundación2004
EstadioLa Constitución,
Yecla, España
Capacidade4.000
PresidenteEspaña Pedro Romero López
AdestradorEspaña Héctor Sandroni
Liga3ª − Grupo 13
2013–14
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

HistoriaEditar

O Yeclano Deportivo fundouse en 2004 tras a desaparición do histórico Yeclano CF. Arrinca na Primeira Territorial e consegue o ascenso. No seu primeiro ano en Territorial Preferente queda 2º saldando así as súas dúas primeiras tempadas de vida con dous ascensos.

Na tempada 2006-07 debuta na Terceira División quedando 12º. Ao ano seguinte repite a mesma posición, consolidando así a categoría. A tempada 2008-09 o equipo dá un salto na táboa e loita pola clasificación para o play-off de ascenso. Na súa primeira promoción de ascenso enfróntase ao Cacereño. Tras o empate a 0 en Yecla o equipo cae eliminado en Cáceres tras perder 3-1 na prórroga.

Na tempada 2009-10 consegue a mellor clasificación da súa historia ao quedar 2º en liga regular. En primeira rolda do play-off elimina ao Trival Valderas, tras perder 2-0 en Alcorcón remonta en Yecla cun 5-1. Na segunda rolda elimina ao Pájara Playas de Jandía, perdendo a ida 1-0 e gañando a volta 2-0. Na terceira e última rolda enfróntase ao Haro Deportivo, na Rioxa consegue unha vitoria 0-1 no último suspiro e na volta consegue o ascenso a Segunda B na quenda de penaltis.

Na tempada 2010-11, o equipo debuta na categoría cun 19º posto, descendendo novamente a Terceira División tras gañar soamente cinco partidos. Na tempada 2011-12 o equipo proclámase campión do grupo XIII de Terceira e xoga o playoff de ascenso de campións. O seu rival é o Caudal Deportivo e perde por un resultado global de 3-0. Ao ser campión tivo unha segunda oportunidade e, tras superar en dúas eliminatorias a Muro e Pobla de Mafumet, o equipo volve a Segunda B.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta azulgrana a raias verticais, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta metade azul celeste e metade branca, pantalón branco e medias brancas.

EstadioEditar

 
Vista do estadio desde un dos seus fondos.
Artigo principal: Estadio La Constitución.

Estadio La Constitución, con capacidade para 5.000 personas.

Datos do clubEditar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 5

Historial na ligaEditar

Tempada Categoría Posto
2004/05 1ª Territorial  
2005/06 Preferente  
2006/07 12º
2007/08 12º
2008/09
2009/10  
2010/11 2ªB 19º  
2011/12  
2012/13 2ªB -

XogadoresEditar

Cadro 2010/11Editar

Actualizado a 1 de setembro de 2010.

Posto País Xogador
POR   Fran
POR   Toni Bernal
DEF   Chino
DEF   Claudio
DEF   André Luiz
DEF   Jota
DEF   Pedro Romero
DEF   Piru
DEF   San José
DEF   Tomás
MED   Andrés
Posto País Xogador
MED   Biri
MED   Cano
MED   Crivi
MED   José Ramón
MED   Pablo Box
MED   Rafa
MED   Rumbo
MED   Vilaseca
DIA   Juan Carlos
DIA   Raúl
DIA   Tonete

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar