Yecla
Yecla (en valenciano: Iecla) é un concello da Rexión de Murcia, pertencente á comarca do Altiplano. Actualmente ten 34.092 habitantes (INE 2017) e limita coa comarca valenciana do Alt Vinalopó. É moi coñecido pola fabricación de mobles. No municipio hai un pobo de fala valenciana, El Raspai, que forma parte da subcomarca do Carche.
XeografíaEditar
O termo municipal de Yecla ten unha extensión de 607,7 km². Atópase situado no extremo norte da Rexión de Murcia, sendo terra limítrofe coas provincias de Albacete e Alacant. A paisaxe dominante fórmano serras de moderada altitude, con direccións predominantes SW-NE, que constitúen a prolongación estrutural das zonas externas das cordilleiras béticas (Prebético), con estruturas encartadas de estilo xurásico e verxencia ao norte.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
18.743 | 22.883 | 25.331 | 26.410 | 22.371 | 24.046 | 20.999 | 20.724 | 25.146 | 27.487 | 28.415 | 30.872 | 32.311 | 34.569 |