Pobo yavapai

(Redirección desde «Yavapai»)

Os yavapai son unha tribo de nativos americanos de Arizona. Historicamente, os yavapai – literalmente “xente do sol” (de enyaeva “sol” + pai “xente ou pobo”)[1] – estaban divididos en catro bandas separadas xeograficamente, os Ɖo:lkabaya, ou yavapai occidentais; os Yavbe', ou yavapai do noroeste; os Guwevkabaya, ou yavapai do sueste; e os Wi:pukba, ou yavapai do nordeste. Outra banda yavapai, que xa non existe, era a Mađqwadabaya ou "xente do deserto".

Pobo yavapai
Wassaja, Carlos Montezuma en 1890.
Poboación
Poboación total:
1 550 (1992)
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosArizona
Aspectos culturais
LinguaLingua yavapai
RelixiónRelixión tribal tradicional e cristianismo
Grupos
relacionados
Havasupai, hualapai, mohave e apaches

Crese que os yavapai xurdiron dunha mestura de pobos mohave e quechan. Lingüisticamente, os yavapai teñen moitos trazos en común cos seus veciños do norte, os havasupai e os hualapai.[2] A miúdo, os yavapai foron confundidos con apaches polos colonos estadounidenses, chamándoos "mohave-apache," "yuma-apache" ou "tonto-apache".[3]

Antes da década de 1860, cando os colonos comezaron a explorar o seu territorio na na busca de ouro, os yavapai ocupaban unha área de arredor de 51 800 km², limitando coa Serra de San Francisco polo norte, coas Montañas Pinaleño e Mazatzal polo sueste, co río Colorado polo oeste, e co río Gila e o río Salt polo sur.[4]

Notas editar

  1. Hodge, Frederick Webb (1968). Handbook of American Indians North of Mexico. Scholarly Press. p. 994. 
  2. Gifford, p.249
  3. Utley, p.255
  4. Salzmann, p.58

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gifford, Edward (1936). Northeastern and Western Yavapai. Berkeley, California: University of California Press.
  • Hoxie, Frederick E. (1996). Encyclopedia of North American Indians, Houghton Mifflin Books, ISBN 0-395-66921-9.
  • Salzmann, Zdenek and Salzmann, Joy M. (1997). Native Americans of the Southwest: The Serious Traveler's Introduction to Peoples and Places. Boulder, Colorado: Westview Press. ISBN 0-8133-2279-0
  • Utley, Robert Marshall (1981). Frontiersmen in Blue: The United States Army and the Indian, 1848-1865, University of Nebraska Press, ISBN 0-8032-9550-2.