Yamdena (escrito Jamdena durante o período colonial neerlandés) é a maior das Illas Tanimbar nas Molucas provincia de Indonesia. Saumlaki é a capital, situada no extremo sur da illa.

Yamdena
Localización de Yamdena.
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Tanimbar
MarMar de Arafura - Mar de Banda (océano Pacífico)
Coordenadas7°35′S 131°36′L / -7.583, -131.600Coordenadas: 7°35′S 131°36′L / -7.583, -131.600
Xeografía
Superficie2.981 km²
Demografía
CapitalSaumlaki
Lingua propiaLingua yamdena

A illa ten unha serie de outeiros boscosos ao longo da súa costa oriental, mentres que a súa costa occidental é máis baixa. Os bosques están habitados por Búfalo de auga salvaxes.

A lingua Yamdena fálase en e ao redor da illa. O cristianismo é a relixión maioritaria, pero o culto aos antepasados aínda se practica. A artesanía da illa inclúe a talla en madeira, ourivaría fina, e a teceduria Ikat.

Megálitos: Na vila de Sangliat Dol hai unha antiga escaleira que conduce a unha plataforma de pedra en forma de barco. Hai varias outras similares noutros sitios da illa, pero peor conservados.