Yaku Pérez Guartambel

líder indíxena de Ecuador

Yaku Sacha Pérez Guartambel, nado en Cachaipucara, Cuenca o 26 de febreiro de 1969, inscrito ao nacer cos nomes de Carlos Ranulfo e actualizados legalmente a Yaku Sacha, é un dirixente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-cañari. Foi presidente da Confederación de Pobos da Nacionalidade Kichwa (ECUARUNARI) de 2013 a 2019, dende onde participou en manifestacións durante o goberno de Rafael Correa. En 2017, foi elixido como presidente da Coordinadora Andina de Organizacións Indíxenas.[1] Nas eleccións seccionais de 2019 foi elixido como Prefecto de Azuay[2] e participou nas manifestacións de outubro de 2019 durante o goberno de Lenín Moreno. Foi elixido pola organización política Pachakutik como candidato á presidencia do Ecuador para as eleccións presidenciais de 2021.[3]

Yaku Pérez Guartambel
Nome completoCarlos Ranulfo Pérez Guartambel
Nacemento26 de febreiro de 1969
Lugar de nacementoCuenca
NacionalidadeEcuador
Alma máterUniversidad Católica de Cuenca, University of Cuenca, Universidad Técnica Particular de Loja e Universidade dos Andes
Ocupaciónpolítico, avogado, ecoloxista, líder amerindio e profesor universitario
PaiJuan José Pérez Tacuri
NaiInés Guartambel Güiñansaca
CónxuxeVerónica Cevallos e Manuela Picq
Na rede
https://yakuperez.com
Facebook: yakuperezoficial Twitter: yakuperezg Instagram: yaku_perez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

  1. "Yacu Sacha: músico y defensor del agua.". Revista Mundo Diners (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2020. 
  2. "Con el 99% escrutado, Yaku Pérez Guartambel es el nuevo Prefecto del Azuay". larepublica.ec (en castelán). 25 de marzo de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  3. "Yaku Pérez y Virna Cedeño aceptaron sus precandidaturas ante el Consejo Electoral". Consultado o 8 de febreiro de 2021.