Xunta da Escravitude do Sagrado Corazón de Xesús

A Xunta da Escravitude do Sagrado Corazón de Xesús é unha seita cristiá residente nunha antiga masía de Picassent e fundada polo vidente Ángel Muñoz, quen afirma que o 15 de agosto do 1982 viu unha aparición da Virxe nunha paraxe situada no Val da Murta, en Alzira (Ribera Alta, País Valenciano).

Historia editar

Na década de 1980 o vidente Ángel Muñoz fíxose famoso logo de anunciar que lle apareceu a Virxe do Remedio sobre un piñeiro, o serán dun día 15 de agosto, na paraxe do Racó de les Vinyes, en Alzira. A partir daquela, cada día 15, el e mailos seus adeptos subían ata este montículo para escoitar as mensaxes apocalípticas que, segundo el, a Virxe expresaba a través dos seus labios. Chegou a ter centenares de seguidores, pero o 2003, cando se iniciaron as investigacións polo seu avultado patrimonio, o "padre" Ángel deixou de asistir ás reunións da seita.

En 2010, Ángel Muñoz enfrontouse a unha condena de 8 anos de cadea e unha multa de 2,3 millóns por dous delitos contra a facenda pública, así como a unha indemnización á Axencia Tributaria por 223.233,49 euros, segundo a petición da fiscalía. Ademais, tres ex-seguidores denunciárono por un presunto delito de estafa.[1]

Notas editar