Xosé Silveira

empresario vigués do sector da mariña mercante

José Baltasar Silveira Cañizares, nado en 1938 en Helechosa de los Montes (Badaxoz) e finado o 5 de outubro de 2023 en Vigo, foi un empresario vigués do sector da mariña mercante.

José Baltasar Silveira Cañizares
Nacemento1938.
Lugar de nacementoHelechosa de los Montes
Falecemento5 de outubro de 2023
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario
CónxuxeMaría del Rosario Martín
FillosJosé Bernardo Silveira Martín
Julio César Silveira Martín
María del Rosario Silveira Martín.
editar datos en Wikidata ]

Formación editar

De pai galego, naceu en Estremadura pero estudou bacharelato en Toledo e Náutica na Coruña, na especialidade de máquinas. Ao rematar a carreira, comezou a traballar como xefe de máquinas nalgúns dos buques pesqueiros de Pescanova. A principios dos setenta comeza a facer investimentos no sector inmobiliario, e en 1974 funda Remolcanosa, a primeira empresa do sector en Galiza e en España.

Como empresario navieiro editar

A primeira expansión da empresa foi a compra da portuguesa Tinita, que transforma en Remolcanosa Portugal. En 1997 adquire a empresa pública española Elcano, a maior navieira do estado naquel momento, dedicada fundamentalmente ao transporte de petróleo e derivados a granel. Múdalle o nome á empresa e chámaa Empresa Naviera Elcano, que integra no grupo empresarial Nosa Terra. Posteriormente merca a brasileira Docenave, que pasa a chamarse Elcano Brasil (2001), e crea Elcano Argentina.

En 1997 entra no negocio da sanidade coa compra da clínica viguesa Povisa, o maior hospital privado do estado. En 2002 merca tamén o sanatorio compostelán Nuestra Señora de la Esperanza.

Foi vicepresidente da cámara de comercio de Vigo e vicepresidente da aseguradora Aegón España.

Galardóns editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar