José Manuel Pita Andrade

historiador da arte galego
(Redirección desde «Xosé Manuel Pita Andrade»)

José Manuel Pita Andrade, nado na Coruña o 1 de novembro de 1922 e finado en Granada o 7 de setembro de 2009,[1] foi un historiador da arte galego, caracterizado polo seu labor dentro da museografía. Así mesmo, foi o primeiro director do Museo do Prado nomeado na Transición española, de 1978 a 1981.

Modelo:BiografíaJosé Manuel Pita Andrade
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 2009 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid (1950–1990) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, historiador, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1037727 BUSC: pita-andrade-jose-manuel-1922-2009 Dialnet: 193240

Biografía

editar

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid doutorándose en Historia da Arte en 1947. Cursou estudos de posgraduado na Universidade de Nova York.

Foi catedrático nas universidades de Oviedo (1960), Granada (1961-1978) e Complutense de Madrid (1978-1987) na que se xubilou.

Amais do seu labor no Museo do Prado, durante uns anos foi conservador das coleccións de arte da Casa de Alba e do acabado de fundar Museo Thyssen-Bornemisza, cuxo catálogo xeral supervisou.

Foi membro de número da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, desde 1984 (na que ingresou co discurso Dominico Greco y sus obras a lo largo de los siglos XVII y XVIII), e da Real Academia de la Historia, desde 1989 (na que ingresou co discurso Goya y sus primeras visiones de la historia), membro correspondente e académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e académico de honra da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias de Granada.

Foi membro da Hispanic Society of America e recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 1989.

  • Dominico Greco y sus obras a lo largo de los siglos XVII y XVIII, Madrid, discurso de ingreso na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 1984.
  • El Greco, Milán, Mondadori, 1986. Coa colaboración de José Álvarez Lopera.
  • Goya. Vida, obra y sueños, Madrid, Sílex, 1989.
  • Goya y sus primeras visiones de la historia, Madrid, discurso de ingreso na Real Academia de la Historia, 1989.
  • La construcción de la catedral de Orense, Santiago de Compostela, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, CSIC, e Madrid, Facultad de Filosofía y Letras, Universidad Complutense, 1954.
  • Luces y sombras en la pintura granadina del siglo de oro, Granada, discurso de recepción como académico honorario na Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias, 2000.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Xavier de Salas Bosch
Director do Museo do Prado
19781981
Sucesor:
Federico Sopeña Ibáñez