Juan José Méndez Lema

militar galego
(Redirección desde «Xosé Méndez Lema»)

Juan José Méndez Lema, nado en Carantoña (Vimianzo) o 18 de outubro de 1919, foi un militar galego.

Infotaula de personaJuan José Méndez Lema
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1919 Editar o valor em Wikidata (104 anos)
Carantoña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Alonso Méndez Valiña e Generosa Lema Canosa, tiña cinco irmáns: Cándido, Herminia, Manuel, Carmen e Valentín. Alistouse como voluntario para combater na guerra civil española canda as tropas nacionais. Desde maio de 1938 formoi parte da 2ª Compañía de Padiolas do VII Grupo de Sanidade Militar, afecta á I División de Cabalería. O 30 de setembro de 1939 recibiu a Medalla de Campaña. En decembro de 1939 estaba no rexemento de artillaría.

Alistouse como voluntario na División Azul. Combateu en Rusia entre o 3 de febreiro de 1942 e o 6 de agosto de 1943. Pertenceu á batería da plana maior do III grupo de artillaría 250, baixo o mando de Agustín Muñoz Grandes e do xeneral Emilio Esteban Infantes. Formou parte no sitio de Leningrado, e o 10 de febreiro de 1943 participou na batalla de Krasny Bor, pola que recibiu a Cruz Vermella do Mérito Militar o 7 de marzo de 1943 de mans do xeneral xefe da división. Recibiu tamén a condecoración Winterschlacht in ostem por sobrevivir ao inverno de 1942, con autorización para levar lazo distintivo negrivermello, e mais a Erinnerungsmedaille de mans de Georg Lindemann.

Tralo seu regreso a España, foi licenciado o 28 de xullo de 1944. En 1948 emigrou a Arxentina, en 1954 a Venezuela e posteriormente a Suíza. Formaba parte da irmandade Spanki Jarasho, o grupo coruñés de ex combatentes da División Azul.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar