Xosé Luís Armesto

Xosé Luís Armesto Barbeito, nado na Coruña, é un químico e profesor universitario galego.

Xosé Luís Armesto
Datos persoais
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Actividade
Campoquímica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutor en Química, ten un mestrado en Ciencias e enxeñaría ambientais. Armesto é autor de diversas publicacións sobre a química de compostos N-halo e procesos de degradación química e fotoquímica de herbicidas e praguicidas.

É catedrático de Química-Física na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. Foi director do Colexio Universitario da Coruña e decano da Facultade de Ciencias. En 2004 accedeu ao cargo de vicerreitor de profesorado no equipo reitoral de José María Barja e en 2011 presentouse el mesmo ao reitorado como continuador do equipo reitoral saínte[1]. Na primeira volta das eleccións, celebrada o 1 de decembro de 2011, Armesto conseguiu 1.676 votos ponderados, o que representa un terzo do electorado[2], e que lle permitiu o pase á segunda volta contra Luís Castedo Ribas. Na segunda volta, celebrada o 13 de decembro de 2011, Armesto impúxose a Castedo e alcanzou o reitorado cun 51.2%[3].

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar