Xosé Antonio Silva
químico, piloto e xornalista español
(Redirección desde «Xosé Antonio Silva do Porto»)
Xosé Antonio Silva do Porto, nado en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1938 e finado en Bertamiráns (Ames) o 22 de maio de 1997, foi un piloto, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Antonio Silva do Porto 1938 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de maio de 1997 (58/59 anos) Bertamiráns, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentador de televisión |
Empregador | Aviaco |
Familia | |
Irmáns | Jesús Silva Porto |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciado en Ciencias Químicas nas Universidades de Santiago e Sevilla, obtivo o título de piloto de aviación en 1955. Dedicouse ao xornalismo e foi piloto comercial. Foi director de Avion Revue Internacional. Colaborou en La Noche, El Correo Gallego, RNE, TVE e TVG, onde dirixiu o programa Galegos. Recibiu o premio Espejo de España como coautor da biografía Mi vida con Ramón Franco (1981), a Medalla ao Mérito Civil e a Medalla ao Mérito Aeronáutico.
Obras
editar- Mi vida con Ramón Franco, 1981.
- Bomba a bordo, 1982.
- Matar al presidente, 1983.
- Mística y misterio de los OVNIS, 1987.
- El Hereje, 1993.
- V de Vázquez, 1994.
- Compostela, guía para peregrinos perezosos, 1993.
- Aeroguía del litoral de Galicia, 1996.
Obra en galego
editar- Marusía, 1997.