Xosé Antonio Pérez Valado
Xosé Antonio Pérez Valado, nado en Verea, é un político galego do BNG e alcalde de Verea desde o ano 2019.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Verea, España |
Alcalde de Verea | |
xuño de 2019 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego (1999–) |
Traxectoria
editarVoceiro do BNG en Verea dende 1999. En 2003 apoiou a elección do socialista Félix Parada Martínez como alcalde e pasou a cogobernar cos socialistas. Porén, trala súa expulsión do goberno remataría por apoiar en xullo de 2004 unha moción de censura do PPdeG que lle costaría a expulsión do BNG, se ben volveu a selo seu candidato en 2007. Mantívose na oposición ao goberno do PPdeG no concello e foi mellorando progresivamente os seus resultados. Nas eleccións municipais de 2019 foi elixido alcalde grazas ao apoio do único concelleiro do PSdeG-PSOE[1]. Nas municipais de 2023 revalidou a alcaldía logrando a maioría absoluta con tódolos concelleiros posibles, 7 de 7, único municipio de Galicia onde o BNG conseguiu tal rexistro nesa convocatoria.
Predecesor: Juan Antonio Martínez González |
Alcalde de Verea 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ "Pérez Valado será el nuevo alcalde del BNG en Verea". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-11. Consultado o 2022-07-22.