Antón Palacio

filólogo e tradutor galego
(Redirección desde «Xosé Antón Palacio Sánchez»)

Xosé Antonio Palacio Sánchez, nado en Ferreira de Pantón, é un filólogo e tradutor galego, catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo até a súa xubilación en 2017. Foi un dos fundadores da Facultade de Filoloxía e Tradución desa universidade[1].

Antón Palacio
Nacementoanos 1940
Lugar de nacementoFerreira de Pantón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilólogo e tradutor
Na rede
Bitraga: 1466 Dialnet: 2317865
editar datos en Wikidata ]


TraxectoriaEditar

Estudou Maxisterio en Ourense, rematando en 1968, e despois licenciouse en 1974 en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en 1981 coa tese Toponimia del ayuntamiento de Pantón (Lugo), dirixida por Constantino García. Exerceu a docencia durante máis de catro décadas, primeiro como mestre de escola e despois como profesor universitario en Ourense, Pontevedra e, por último, no campus de Vigo.

Destacou como experto en onomástica[2] e fundou a Asociación Galega de Onomástica, creada en Santiago de Compostela en 1999[3]. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012[4].

Tamén cultivou a tradución literaria, e participou en proxectos colectivos como a tradución ao galego de Don Quixote da Mancha[5].

NotasEditar