Xogos Paralímpicos de Verán

Os Xogos Paralímpicos de Verán son a competición olímpica para atletas con discapacidades físicas, mentais e sensoriais. Isto inclúe discapacidades motoras, amputacións, cegueira e parálise cerebral.

A súa denominación débese á intención de diferencialos dos Xogos Paralímpicos de Inverno, adicados aos deportes de inverno, que se practican no xeo e a neve. A pesar diso, os xogos non se levan necesariamente a cabo en verán, dependendo a estación da cidade na que se realice o eventos.

Dende 1988 os Xogos Paralímpicos de Verán son organizados pola mesma cidade que organiza os Xogos Olímpicos de Verán dese ano, celebrándose un tempo despois destes.

Edicións celebradas

editar
Ano Evento Sede
1960 I Xogos Paralímpicos  
Roma Italia
1964 II Xogos Paralímpicos  
Toquio Xapón
1968 III Xogos Paralímpicos  
Tel Aviv Israel
1972 IV Xogos Paralímpicos  
Heidelberg Alemaña
1976 V Xogos Paralímpicos  
Toronto Canadá
1980 VI Xogos Paralímpicos  
Arnhem Países Baixos
1984 VII Xogos Paralímpicos  
Nova York Estados Unidos
1988 VIII Xogos Paralímpicos  
Seúl Corea do Sur
1992 IX Xogos Paralímpicos  
Barcelona España
1996 X Xogos Paralímpicos  
Atlanta Estados Unidos
2000 XI Xogos Paralímpicos  
Sidney Australia
2004 XII Xogos Paralímpicos  
Atenas Grecia
2008 XIII Xogos Paralímpicos  
Pequín R.P. China
2012 XIV Xogos Paralímpicos  
Londres Reino Unido
2016 XV Xogos Paralímpicos  
Río de Xaneiro Brasil
2020 XVI Xogos Paralímpicos  
Toquio Xapón

Medalleiro histórico

editar

Tralos xogos de 2012, o medalleiro histórico é:

Posición País Ouro Prata Bronce Total
1   Estados Unidos 697 615 627 1939
2   Reino Unido 529 517 511 1557
3   Alemaña 451 451 421 1323
4   Australia 339 357 317 1013
5   Canadá 347 289 311 947
6   Francia 302 315 304 921
7   China 335 259 200 794
8   Países Baixos 247 214 191 652
9   España 203 206 221 630
10   Polonia 223 216 187 626
11   Suecia 199 210 155 564
12   Italia 137 147 182 466
13   Israel 124 124 132 380
14   Xapón 106 112 120 338
15   Austria 101 113 122 336

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar