Xogos Náuticos Intercélticos


Os Xogos Náuticos Intercélticos son unha competición deportiva internacional que se organiza con carácter anual e onde participan un catálogo pechado de estados, nacións e rexións da Europa atlántica.

Organización

editar

Os Xogos Náuticos Intercélticos foron creados en 1995 na Bretaña e neles dispútanse competicións de vela, remo, mergullo, surf e piragüismo.

As entidades xeográficas participantes son: Asturias, Bretaña, Canarias, Cornualla, Escocia, Euscadi, Gales, Galicia, Illa de Man, Irlanda e Portugal.

Os Xogos Náuticos Intercélticos van acompañados de distintas celebracións culturais.

Edicións dos Xogos

editar
Ano Evento Sede País/Rexión
1995 I edición Presqu’île de Crozon   Bretaña
1996 II edición Tenby   Gales
1997 III edición Ferrol   Galicia
1998 IV Edición Bude   Cornualla
1999 V edición Largs   Escocia
2000 VI edición Xixón   Asturias
2001 VII edición Porto   Norte de Portugal
2002 VIII edición Ballyshannon   Irlanda
2003 IX edición País de Morlaix   Bretaña
2004 X edición O Salnés   Galicia
2005 XI edición Xixón   Asturias
2006 XII edición Cornualla   Cornualla
2007 XIII edición País de Morlaix   Bretaña
2008 XIV edición Getxo e Sopelana   País Vasco
2009 XV edición Viana do Castelo   Norte de Portugal
2010 XVI edición Santander   Cantabria