Abrir o menú principal

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio

político español
(Redirixido desde "Xoaquín Rodríguez Ambrosio")

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, nado en Rairiz de Veiga en 1968, é un político galego, que foi alcalde de Rairiz de Veiga.

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio
Nacemento1968
 Rairiz de Veiga
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É axente forestal da Consellería do Medio Rural. En 1995 foi elixido concelleiro de Rairiz de Veiga polo BNG e foi tenente alcalde. Foi elixido alcalde de Rairiz de Veiga polo BNG en 1999, aínda que gobernando en minoría. Nas municipais de 2003 acadou a maioría absoluta e volveu ser alcalde, repetindo a maioría absoluta en 2007. En 2009 abandonou o BNG[1]. En 2011 encabezou a candidatura do PPdeG ao concello de Rairiz de Veiga[2], resultado elixido alcalde por maioría absoluta. En 2015 revalidou a súa maioría absoluta, mais pouco durou no cargo. Unha condena por prevaricación apartouno da política e foi substituído por Asunción Morgade.


Predecesor:
'
  
Alcalde de Rairiz de Veiga
 
1999 - 2015
Sucesor:
Asunción Morgade

NotasEditar

Véxase taménEditar