Xoán de Worcester

Xoán de Worcester, finado c. 1140, foi un monxe e cronista inglés, do priorado de Worcester, coñecido por ser o autor do Chronicon ex chronicis.

Xoán de Worcester
Nacementoséculo XIxuliano
 Tardebigge
Falecementoséculo XIIxuliano
NacionalidadeReino de Inglaterra
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónescritor, historiador e monxe
editar datos en Wikidata ]

Chronicon ex chronicisEditar

 
O soño da morte do rei Henrique, ilustración da crónica de Xoán de Worcester.

O Chronicon ex chronicis é unha historia do mundo que comeza a partir da creación, e remata cos acontecementos do ano 1140. O esquema de cronoloxía está baseado na crónica de Mariano Scoto de Mainz (m. 1082). A súa importancia reside na información que ofrece sobre a historia de Inglaterra.

AutoríaEditar

A maior parte deste traballo, o contido, ata o ano 1117 ou 1118, antigamente era atribuída ao monxe Florencio de Worcester, porque na sección do ano 1118 menciona a morte deste Florencio e eloxia a súa capacidade como cronista[1][2][3]. De acordo con este punto de vista, Xoán de Worcester só sería un continuador, que tería escrito a parte final do libro. Con todo, hai dúas obxeccións contra esta teoría: en primeiro lugar, houbo un cambio de estilo de escritura e, en segundo, algúns dos apartados anteriores para a información dos 1118 están baseados na Historia novorum de Eadmer de Canterbury, que foi escrita máis tarde, entre 1121 - 1124[4].

A opinión maioritaria, hoxe, é que Xoán de Worcester foi o principal autor e compilador deste traballo. Nas páxinas sobre a historia dos anos 1128 e 1138 e en dous manuscritos (CCC MS 157, e o Chronicula), escrita pola súa propia man, consta o seu nome como autor. O bispo Wulfstan de Worcester, conta que o viu escribindo esta crónica e tamén foi testemuña o cronista anglonormando Orderic Vitalis, cando visitou o convento de Worcester[5].

ManuscritosEditar

Sobreviviron cinco manuscritos do Chronicon ex chronicis máis un fragmento dunha única folla:

 
Lugar solar debuxada en 1128, por Xoán de Worcester[6].
  • MS 157 (Oxford, Corpus Christi College).
  • MS 502 (Dublín, Trinity College).
  • MS 42 (Londres, Lambeth Palace).
  • MS Bodley 297 (Oxford, Bodleian Library).
  • MS 92 (Cambridge, Corpus Christi College).

Ademais, existe a Chronicula, unha obra resumida do Chronicon ex chronicis: MS 503 (Dublín, Trinity College), escrito por Xoán de Worcester en 1123.

Chronicon ex chronicis: edicións e traduciónsEditar

  • Darlington, Reginald R. and P. McGurk (eds.), P. McGurk and Jennifer Bray (trs.). The Chronicle of John of Worcester: The Annals from 450–1066. Vol 2. Oxford Medieval Texts. Oxford: 1995.
  • McGurk, P. (ed. and tr.). The Chronicle of John of Worcester: The Annals from 1067 to 1140 with The Gloucester Interpolations and The Continuation to 1141. Vol 3. OMT. Oxford, 1998.
  • Thorpe, Benjamin (ed.). Florentii Wigorniensis monachi chronicon ex chronicis. 2 vols. London, 1848-9. Descarga dispoñíbel en Google Books
  • Stevenson, J. (tr.). Church Historians of England. 8 vols: vol. 2.1. London, 1855. 171–372.
  • Forester, Thomas (tr.). The Chronicle of Florence of Worcester. London: Henry G. Bohn, 1854. Dispoñíbel en Google Books.
  • Weaver, J. R. H., ed. (1908) The Chronicle of John of Worcester, 1118–1140: being the continuation of the 'Chronicon ex chronicis' of Florence of Worcester. Oxford: Clarendon Press

Fontes documentaisEditar

Con respecto ás seccións sobre a historia de Inglaterra, crese que Xoán fixo uso de numerosas fontes documentais, algunhas aos cales xa non existen:

  • Unha versión descoñecida da Crónica anglosaxoa, posibelmente, unha tradución ao latín. Xoán podería usar o mesmo texto que Guillerme de Malmesbury, que na súa Gesta regum anglorum inclúe material similar que non se atopa noutros textos.
  • Beda, a Historia Ecclesiastica (ata o ano 731)
  • Asser, Vita Ælfredi
  • Haxiografías dos santos dos séculos X e XI,
    • Vida de san Dunstan escrito polo autor B, a Vida de Adelardo de Gant e a Vida de Osbern de Canterbury.
    • Byrhtferth, a Vida de san Oswald de Worcester.
    • Osbern de Canterbury, a Vida de san Alphege
  • Eadmer de Canterbury, Historia novorum (1066-1122).
  • As historias dos seus contemporáneos e o saber popular.

NotasEditar

  1. Keynes 2001, p. 188.
  2. Gransden 1992, p. 117.
  3. Hodgkin 1906, p. 502.
  4. Gransden 1974, p. 144.
  5. Orderic Vitalis, Historia Ecclesiastica, llibre III
  6. John de Worcester 1128, p. 380, MS 157.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Brett, Martin. "John of Worcester and his contemporaries." In The Writing of History in the Middle Ages: Essays Presented to R.W. Southern, ed. by R.H.C. Davis and J.M. Wallace Hadrill. Oxford: Oxford University Press, 1981. 101-26.
  • Brett, Martin, "John, monk of Worcester." In The Blackwell Encyclopedia of Anglo-Saxon England, ed. Michael Lapidge, et al. Oxford: Blackwell, 1999. ISBN 0-631-22492-0
  • Gransden, Antonia. Historical writing in England c. 550 to 1307. Vol 1. London, 1974. 143–8.
  • Orderic Vitalis, Historia Ecclesiastica, ed. and tr. Marjorie Chibnall, The Ecclesiastical History of Orderic Vitalis. 6 volumes. Oxford Medieval Texts. Oxford, 1968–1980. ISBN 0-19-820220-2.