Xoán XXI, papa

(Redirección desde «Xoán XXI»)

Xoán XXI, nado co nome de Pedro Julião e coñecido tamén como Pedro Hispano, nado en Lisboa entre 1210 e 1220 e finado en Viterbo o 20 de maio de 1277, foi Papa da Igrexa católica entre o 20 de setembro de 1276 e a data da súa morte.

Xoán XXI, papa
Papa João XXI - Galeria dos Arcebispos de Braga.png
Nome de nacementoPedro Julião
AlcumePedro Hispano e João XXI
Nacemento1215
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento20 de maio de 1277
Lugar de falecementoViterbo
NacionalidadeReino de Portugal
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónpolítico, clérigo, profesor universitario, sacerdote católico, médico, filósofo e matemático
Período1276 a 1277
Coñecido porser o papa n° 187 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Julião-13
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Pedro Julião, fillo do médico Julião Rebelo e de Teresa Gil, naceu en Lisboa entre 1210 e 1220.

Comezou os seus estudos na escola episcopal da Sé de Lisboa. Máis tarde acudiu á Universidade de París (algúns historiadores afirman que foi á de Montpellier), onde estudou Medicina e Teoloxía, e dedicando especial atención ás conferencias de Dialéctica, de Lóxica, e, sobre todo, ás de Física e Metafísica aristotélicas.

Entre 1245 e 1250, ensinou Medicina na Universidade de Siena (hoxe Italia), onde escribiu algunhas obras, das que salientan as Summulæ Logicales, que sería para as universidades europeas o manual de referencia respecto da lóxica de Aristóteles.

En 1272 foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Braga, sucedendo a Martinho Geraldes.

Despois da morte do papa Hadrián V, o 18 de agosto de 1276, Pedro Hispano foi elixido Papa no conclave do 13 de setembro e coroado o 20 de setembro. Faleceu oito meses despois, o 20 de maio de 1277, a causa das graves feridas a consecuencia dun accidente ocorrido na catedral de Viterbo, na que dirixía as obras. Alí foi inhumado.

En marzo de 2000, por empeño do alcalde de Lisboa, João Barroso Soares, outorgóuselle un sitio máis honroso, sendo trasladado á nave central.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.