Xoán Fernández de Boán

político español

Xoán Fernández de Boán, nado en Abruciños (Amoeiro), en 1549 e finado en Sevilla o 9 de outubro de 1615, foi un maxistrado e político galego que foi presidente da Real Audiencia de Lima a comezos do século XVII.

Infotaula de personaXoán Fernández de Boán
Biografía
Nacemento1549 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Amoeiro Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1615 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Vice-rei do Peru (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado no pazo de Pousa de Cacabelos, estudou no Colexio de Fonseca e posteriormente Leis e Canons na Universidade de Salamanca. Xuíz maior de bens de defuntos foi nomeado visitador da Real Audiencia de Panamá en 1598 e oidor da Real Audiencia de Lima en 1600[1].

Tras a morte do vicerrei Gaspar de Zúñiga e Acevedo, conde de Monterrei o 10 de febreiro de 1606, a Audiencia encargouse do goberno do vicerreinado. Foi elixido como presidente en primeiro lugar Diego Núñez de Avendaño, por ser o oidor decano. Pero este faleceu o 26 de maio, e correspondeulle a Fernández de Boán asumir a presidencia da Audiencia gobernadora e as funcións de Capitán Xeneral do Perú[2].

A Audiencia estaba entón integrada, ademais de por Boán, por Juan Fernández de Recalde, Juan Jiménez de Montalvo, Juan de Villela e Juan Páez de Laguna, aos que se lles xuntou despois Hernán Arias de Ugarte e Alberto de Acuña. A Audiencia gobernou o vicerreinado en calma e nas súas comunicacións ao rei Filipe III mostraron o interese e o empeño que puñan en suxeitarse ás directivas que lles foran dadas aos vicerreis anteriores. Durante este goberno provisorio erixiuse o Tribunal e Audiencia Real de Contas e Particións do Vicerreinado, do que foi primeiro decano Alonso Martínez de Pastrana.

O mandato da Audiencia culminou coa chegada do vicerrei Juan de Mendoza y Luna, marqués de Montesclaros, o 21 de decembro de 1607. Ao remate do mandato de Boán, ascendérono ao Consello de Indias o 27 de xaneiro de 1613, e houbo de retornar a España. Tomou posesión do novo cargo o 17 de decembro de 1614, e desempeñouno ata a súa morte. Os seus herdeiros levaron grandes riquezas e constituíron unha familia nobre en Galicia.

Vida persoal editar

Casou con Damiana de Landecho e Arraso, unha nobre crioula de Lima, cara a 1601. Ademais tivo relacións con dúas nobres galegas, Xoana Gómez de Losada e Inés López de Nogueiras[1], coas que tamén tivo descendencia.

Nota editar

  1. 1,0 1,1 Fernández, José Luis.'Boán de Ourense' Arquivado 10 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Xenealoxía.org.
  2. O historiador Manuel de Mendiburu no seu Diccionario histórico-biográfico del Perú, Tomo II [1], sinala a Boán como o oidor decano que sucedeu na presidencia da Audiencia o vicerrei Conde de Monterrey, sen mencionar a Núñez de Avendaño. Outro historiador, José Toribio Polo, citando unha carta da Audiencia ao Cabido, Xustiza e Rexemento da cidade de San Juan de la Frontera de las Chachapoyas demostra que o oidor decano era entón Diego Núñez de Avendaño. A aparente contradición foi xa resolta, ao saberse agora que Boán ocupou a Presidencia da Audiencia trala morte de Avendaño, tal como explícao o historiador Rubén Vargas Ugarte na súa Historia General del Perú. Tomo III, páx. 93 (Terceira Edición. Lima, Perú, 1981. ISBN 84-499-4815-0).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Precedido por:

Diego Núñez de Avendaño

Presidente da Audiencia de Lima

1606-1607

Sucedido por:

Juan de Mendoza y Luna