Xoán C. Rodríguez

poeta galego

Xoán Carlos Rodríguez López, coñecido como Xoán C. Rodríguez, nado na Barra (Coles) en 1966, é un escritor galego.

Xoán C. Rodríguez
Nacemento1966
Lugar de nacementoColes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Galega. En 1985 integrouse no grupo poético Ronseltz co que colaborou nos tres números do fanzine do mesmo nome, así coma en revistas (O Mono da Tinta, Luzes de Galiza, Anima+l...). Achegou textos en exposicións coma Estado de sitio, 23 artistas ourensáns e 9 poetas. Tamén no catálogo e na intervención de Xoán Torres, Raza (2004) ou na exposición Leningrad con Misha Bies Golas. Encargouse en 2010 do apartado literario da carpeta de gravados Combinación finita, en colaboración con varios artistas plásticos ourensáns.

Obras editar

  • (Con Ronseltz) Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994, Edicións Positivas)
  • Occidencia (2004, Sotelo Blanco)
  • Sectores de fogo (2015, ed. do autor)