Ximonde, San Miguel de Sarandón, Vedra

Coordenadas: 42°45′05″N 08°27′27″O / 42.75139, -8.45750

Ximonde
Pazo de Ximonde.jpg
Pazo de Ximonde.
ParroquiaSan Miguel de Sarandón
ConcelloVedra
Poboación28 hab. (2018)

Ximonde é un lugar da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello coruñés de Vedra. Segundo o IGE en 2018 tiña 28 habitantes (13 mulleres e 15 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 36 habitantes.

PatrimonioEditar

Pazo de Ximonde. De finais do século XVIII, é un edificio en forma en escuadra que se desenvolve cara á súa parte posterior. Polo menos unha parte da zona posterior debe corresponder ao último terzo do século XVI, momento en que cabe encadrar o escudo. Aos lados da portada corren sartas de froitos que vinculan a obra con Compostela. No que foi o patio interior, pódese admirar a fachada barroca en figura de "L", un fermoso soportal e a solaina do primeiro piso. No patio hai dúas fontes, unha delas encaixada no edificio. Destaca na fachada o escudo cos brasóns dos Cisneros.

En 1776 Carlos III de España concedeu o Condado de Ximonde a Xoán Antón Cisneros de Castro e da Barrera (1747-1798), rexedor da cidade de Santiago de Compostela e señor do Couto de Ximonde.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de San Miguel de SarandónEditar

Lugares da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello de Vedra (A Coruña)

Canicova | A Casanova | Casansula | Caxaraville | Cimadevila | Dozar | A Pedreira | Sarandón | A Silva de Abaixo | A Silva de Arriba | Ximonde

Parroquias de VedraEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)