San Miguel de Sarandón, Vedra

parroquia civil do concello de Vedra
(Redirección desde «San Miguel de Sarandón»)

San Miguel de Sarandón é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 357 habitantes (174 mulleres e 183 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 387 habitantes. Linda coas parroquias San Mamede de Ribadulla, San Cristovo, San Pedro de Sarandón e Santa Eulalia de Vedra e no sur con Río Ulla. Está formado por once aldeas: Canicova, A Casanova, Casansula, Caxaraville, Cimadevila, Dozar, A Pedreira, Sarandón, A Silva de Abaixo, A Silva de Arriba e Ximonde.

San Miguel de Sarandón
Pazo de Ximonde.
ConcelloVedra[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°45′20″N 8°27′21″O / 42.75555556, -8.45583333
Poboación357 hab. (2019)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Na aldea de Ximonde atópase o couto de pesca, importante couto salmoneiro.[2]

Patrimonio

editar
  • Pazo de Ximonde. De finais do século XVIII, é un edificio en forma en escuadra que se desenvolve cara á súa parte posterior. Polo menos unha parte da zona posterior debe corresponder ao último terzo do século XVI, momento en que cabe encadrar o escudo. Aos lados da portada corren sartas de froitos que vinculan a obra con Compostela. No que foi o patio interior, pódese admirar a fachada barroca en figura de "L", un fermoso soportal e a solaina do primeiro piso. No patio hai dúas fontes, unha delas encaixada no edificio. Destaca na fachada o escudo cos brasóns dos Cisneros.

En 1776 Carlos III de España concedeu o Condado de Ximonde a Xoán Antón Cisneros de Castro e da Barrera (1747-1798), rexedor da cidade de Santiago de Compostela e señor do Couto de Ximonde.

Festexos

editar

Na parroquia de San Miguel celébranse anualmente tres festas.

  • Festa do viño da Ulla[3], festa popular onde se exaltan os viños da zona da Ulla, recollidos na subzona da denominación de orixe Rias Baixas. Celébrase o segundo domingo do mes de abril.
  • Festa do San Campio, festas patronais en honor a San Campio e San Antonio. Sempre se celebra os días 9, 10 e 11 de agosto.
  • Festa do San Migueliño, festas patronais en honor a San Miguel, que se celebra no mes de setembro.

Deportes

editar

A parroquia de Sarandón é un dos lugares por onde transcorre dende hai anos un dos treitos do Rally Botafumeiro[4], proba de rally que se disputa anualmente e que forma parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Miguel de Sarandón

editar
Lugares da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello de Vedra (A Coruña)

Canicova | A Casanova | Casansula | Caxaraville | Cimadevila | Dozar | A Pedreira | Sarandón | A Silva de Abaixo | A Silva de Arriba | Ximonde

Parroquias de Vedra

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)


  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Ximonde Coto de pesca
  3. "Sitio web da Festa do viño". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  4. "XXI Rally Botafumeiro". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar