Xiang Xiu
Xiang Xiu (chinés tradicional e simplificado: 向秀; pinyin: Xiàng Xiù; Wide-Giles: Hsiang4-hsiu4), nado no condado de Huai (actual Henan) no 227 e finado no 272, nome de cortesía Zi Qi, foi un dos Sete Sabios da Fraga de Bambú.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século III |
Morte | 275 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | China |
Actividade | |
Campo de traballo | Xuanxue (en) |
Ocupación | filósofo , político |
Traxectoria
editarA Xiang Xiu gustáballe estudar, especialmente os clásicos daoístas como Laozi ou Zhuangzi. Shan Tao escoitouno debater sobre o Zhuangzi, e acabaron facéndose amigos. Foi Shan Tao quen lle presentou a Ji Kang e Ruan Ji, cos que se recluíu nas montañas de Shanyang. Con eles, estaba tamén o erudito Lu An.
Hai dous teorías sobre a vida de Xiang Xiu antes do pasamento de Ji Kang. Segundo o Jin shu, traballou coma funcionario dunha administración local. Pola outra banda, o Taiping yulan asegura que non sostivo ningún cargo oficial,
Arredor do 264, Ji Kang e Lu An foron asasinados polo funcionario Sima Zhao. Xiang Xiu viaxou até Luoyang, convocado polo rei de Wen. Sima Zhao tentou ridiculizalo, mais o monarca de Wen quedou impresionado pola súa autodisciplina de reclusión.
Xiang Xiu obtivo un posto de funcionario nun xulgado local, mais a tradición asegura que non fixo nada, optando pola vía do wuwei propugnada polo daoísmo. Faleceu no 272.
Obra
editarO seu pensamento inscríbese na escola coñecida como Xuanxue ou neodaoísmo, que mesturaba elementos dos clásicos daoístas con ideas do confucianismo. Xiang Xiu defendeu unha ontoloxía da autocreación e autotransformación de todas as cousas. Atribúeselle un comentario sobre o Zhuangzi, que influíu no traballo do seu contemporáneo Guo Xiang (252-312).[2]
Notas
editar- ↑ "Seven Sages of the Bamboo Grove - Tang Dynasty, Chinese Poetry, Taoism - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-05-17.
- ↑ 2,0 2,1 Cheng 1997, p. 345, 370.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cheng, Anne (1997). Histoire de la pensée chinoise (en francés). Éditions du Seuil. ISBN 978-2-7578-4444-1.