Xesús Alfonso Parada

escritor galego

Xesús Alfonso Parada Jato, nado en Meiraos (Folgoso do Courel) en 1967, é un escritor e artista plástico galego.

Infotaula de personaXesús Alfonso Parada
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Meiraos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4187230

Traxectoria editar

Cursou estudos de Historia na UNED. É diplomado en Traballo Social pola UNED e experto universitario en Animación Sociocultural Ocio e Tempo Libre, tamén pola UNED. É colaborador habitual en revistas coma Xistral (revista lucense de creación poética) e A Candea (cultural). Tamén é artista plástico.[1]

Obras editar

Ensaio editar

  • Usos, costumes e cousas do Courel, 2007, Toxosoutos.
  • Lembranzas do Courel, 2010, Toxosoutos.
  • Os aires de Meiraos, 2022, Avant editorial.

Poesía editar

  • A cor das uces, 2008, Bubela.
  • A delgada voz dos marxinados, 2009, Bubok.
  • Tallo de Lansán, 2013, Bubok.
  • Soños, 2016, Vivelibro.
  • Diario de onte e de antonte, 2018, Vivelibro.
  • Vida en tres Chanzos, 2020, Vivelibro.
  • Soliloquio e baleiro, 2020, Vivelibro.
  • Náiades, 2021, Peruchela Edicións.
  • Antología poética. Luna de soledad / El color de las uces, 2021 (obra en castelán)
  • Elpis na lareira, 2021, Peruchela Edicións.[2][3]
  • Ecoando nas valgadas, 2021, Toxosoutos.
  • Stella Matutina, 2022, Toxosoutos.
  • Entre o luceiro e a noite, 2022, Peruchela Edicións.[4]
  • Todas as lúas do ano (2023). Noia: Toxosoutos. 74 páxs. ISBN 978-84-127489-5-6.
  • Réquiem y diario (2024). Avant Editorial. ISBN 978-84-19970-75-6 (obra en castelán)

Obras colectivas editar

  • Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de Fundación, 2011, Bubela.
  • Alén do Silencio, 2014.
  • Libro de libros, 2014.
  • Literarte, 2014.
  • Mesturas, 2015.

Premios editar

Recibiu diversos premios pola súa obra, entre eles o Premio Especial ao Pintor Local da Asociación Fonte do Milagro (2003, 2004, 2006, 2007 e 2008):[Cómpre referencia]

  • I Premio de Relato Curto no certame Uxío Novoneyra do Concello de Folgoso do Courel. (2002).
  • III Premio de Poesía no Certame Uxío Novoneyra. Concello de Folgoso do Courel (2004).
  • II Premio de Poesía no certame Uxío Novoneyra do Concello de Folgoso do Courel. (2006).
  • II Premio de poesía do Concello de Quiroga (2009).
  • I Premio de Poesía do Concello de Quiroga (2010).
  • Mención de honra no Certame Manuel Oreste do Concello de Paradela Poesía (2014).[5]
  • II Premio de Poesía no Certame da Asociación A Pipa de Becerreá (2014).
  • I Premio de Poesia categoría especial Camiño de Santiago, no Certame Manuel Orestes do Concello de Paradela (2022).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar