Xenocidio do Putumayo

crimes contra a poboación indíxena dos ríos Putumayo e Caquetá

O xenocidio do Putumayo é o termo empregado para facer referencia aos anos de abusos, escravitude forzada, masacres e etnocidio cometidos pola Peruvian Amazon Company contra os pobos indíxenas da Amazonia, en concreto na zona entre o río Putumayo e o río Caquetá durante a época de 1879 e 1912 en plena febre do caucho.[1][2][3] Os pobos que foron vítimas destes crimes foron os andaquís, os boras, os carijonas, os ingas, os cabiyaris, os mirañas, nonuyas, os ocainas, sionas, os tanimucas, os witotos e os yucunas, e a cifra de vítimas mortais calcúlase entre 242 000 e 450 000.[4]

Homes witotos en condicións de escravitude durante a febre do caucho.

Contexto editar

 
Julio César Arana con gardas de Scotland Yard chegados dende Barbados.

O goberno peruano cedeu á Peruvian Amazon Company a potestade de representación nos territorios amazónicos ao norte de Loreto. O fundador da compañía, Julio César Arana, comezou unha política de pago por control de terras onde as súas hostes privadas, mercenarios de Scotland Yard traídos dende Barbados,[5] obrigaban aos pobos indíxenas a traballar en troques de «favores e protección». O indíxena non podía negarse porque remataba sendo raptado por mercenarios pagados pola compañía. Xa dentro da empresa, os indíxenas eran sometidos a procesos de illamento en zonas remotas para recoller caucho en condicións inhumanas e se non cumprían coa cantidade requirida eran castigados até a morte ou eran desaparecidos polos castigadores nos chamados campos lejanos, onde se aniquilou ao 90% das poboacións amazónicas.[6][7][8]

Reaccións ao xenocidio editar

Denuncias de Walter Hardenburg e Roger Casement editar

En 1909, o enxeñeiro estadounidense Walter Hardenburg publicou Putumayo: The Devil’s Paradise onde denunciou os feitos que ocorrían coa explotación do caucho en territorios colombiano e peruano.[9][10]

 
Casement con amerindios da conca do río Putumayo.

En 1906, foi denunciado polo irlandés Roger Casement perante os gobernos occidentais sobre os excesos cometidos por Arana. En 1912 publicou o Libro Azul Británico. Informe y otras cartas sobre las atrocidades en el Putumayo denunciando a morte até a data de cando menos 40.000 persoas, obtendo só un xuízo por «maltrato laboral» contra a Peruvian Amazon Company. En 1913, deuse a orde de pechar devandita empresa sen obter un xuízo por crimes de lesa humanidade contra Arana, o cal era a principal meta de Casement.[11][12]

Tratado dos límites fronteirizos entre Colombia e o Perú editar

En 1933, os gobernos do Perú e Colombia asinaron o Tratado Salomón-Lozano onde o primeiro cedía a zona entre os ríos Putumayo e Caquetá ao segundo. Por mor disto, a Peruvian Amazon Company desprazou forzosamente a varios amerindios cara ás zonas do río Napo e o río Amazonas para non competir coas empresas colombianas de caucho. Malia isto, a compañía seguiu administrando varias sucursais en Puerto Arica, La Chorrera, La Victoria entre outros. Neste proceso diminuíron os reportes de masacres realizados por caucheiros.[13]

Matanza e abusos despois do tratado dos límites editar

 
A Casa Arana, outrora propiedade da Peruvian Amazon Company, en La Chorrera, no presente é un monumento nacional de Colombia.

Despois da guerra colombo-peruana de 1933 durante a colombianización das rexións de Putumayo e Caquetá rexistráronse novos sucesos de torturas cometidas polas autoridades do goberno colombiano para asimilar as poboacións que se resistían a cambiar de nacionalidade, o cal provocou un éxodo de amerindios e mestizos ao Perú. En 1969, Colombia pagou unha indemnización de 200 mil dólares á Casa Arana, mais non reparou material nin moralmente ás vítimas do xenocidio. A Casa Arana é hoxe un lugar da memoria do xenocidio do Putumayo contra as comunidades amazónicas.[14]

Desculpas públicas do goberno colombiano editar

No ano 2012, o presidente Juan Manuel Santos, pediu perdón ás comunidades amazónicas polos feitos ocorridos durante eses anos.[15]

"Ás comunidades dos pobos Uitoto, Bora, Okaina, Muinane, Andoque, Nonuya, Miraña, Yukuna e Matapí, pídolles desculpas a todos polos seus mortos, polos seus orfos, polas súas vítimas."
Juan Manuel Santos, presidente de Colombia 2012

Na cultura popular editar

Notas editar

  1. "Cien años después, la Amazonía recuerda uno de sus episodios más trágicos". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  2. "Memoria de una herida que no cierra - Min. Cultura de Colombia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2023. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  3. Jordán, Pilar García; Izard, Miquel (1992). Conquista y resistencia en la historia de América (en castelán). Edicions Universidade de Barcelona. ISBN 978-84-475-0073-4. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  4. White, Matthew. "Mid-Range Wars and Atrocities of the Twentieth Century". Necrometrics. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xull o de 2019. 
  5. Davis, Wade: El río: exploraciones y descubrimientos en la selva amazónica, pp. 283-284.
  6. Indígenas amazónicos.
  7. Tiempo, Casa Editorial El (7 de outubro de 2012). "Cien años de la matanza de La Chorrera, Amazonas". El Tiempo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  8. República, Subgerencia Cultural del Banco de la. "La Red Cultural del Banco de la República". www.banrepcultural.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2021. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  9. FG (5 de abril de 2017). "La fiebre del caucho y el genocidio indígena del Putumayo, Colombia.". Red Filosófica del Uruguay (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  10. International, Survival. "Muerte en el paraíso del diablo - Survival International". www.survival.es (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  11. Tiempo, Casa Editorial El (20 de febreiro de 2017). "La historia del irlandés al que los huitotos rinden tributo". El Tiempo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  12. El paraíso del diablo: Roger Casement y el informe del Putumayo, un siglo después (en castelán). Ediciones Uniandes-Universidad de los Andes. 2014. ISBN 978-958-774-052-3. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  13. Nación, La. "Editorial - Genocidio Arana • La Nación". La Nación (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  14. Tiempo, Casa Editorial El. "La Casa Arana tiene en su interior crímenes que perduran". Portafolio.co (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  15. "Presidente Santos pidió perdón a los indígenas de la Amazonía". www.elpais.com.co. Consultado o 10 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar