Xenealoxía do feminismo

A expresión xenealoxía do feminismo fai referencia á orixe teórica (protofeminismo) e tradición do feminismo en tanto que pensamento feminista, así como á recuperación da memoria histórica do feminismo en canto que movemento de transformación social que se desenvolve ao fío de distintas teorías (universalismo, marxismo, liberalismo, etc), dando lugar a que se fale, en plural, de feminismos.[1]

Feminismo e Ilustración editar

Os estudos europeos vinculan Ilustración e feminismo, en canto que loita pola igualdade e proxecto emancipatorio. Os referentes teóricos propios do feminismo atópanse na Ilustración, agora ben, esta vinculación enténdense no sentido que graficamente define Amelia Valcárcel cando afirma que o feminismo é «un fillo non querido da Ilustración». Nesta liña de pensamento Celia Amorós explica que:

A Ilustración, a pesar da súa incoherencia para coas mulleres abriu de par en par a vía para irracionalizar a devandita incoherencia e para que as mulleres extraesen consecuencias pertinentes dos ideais universalistas de igualdade e liberdade [2]

As ideas universais de suxeito de coñecemento, suxeito moral, individuo, cidadán, igualdade, que se desenvolveron durante a Ilustración, excluíron, non obstante da súa universalidade, as mulleres. Ata entón, as queixas das mulleres expresáronse no que se coñece como 'memorial de agravios. Mais a partir da Ilustración, foi posible articular o que se coñece como 'vindicación', isto é, a denuncia unida á demanda de igualdade.

Os estudos feministas anglosaxóns sitúan no sufraxismo, a orixe do movemento feminista.

 
Museo de La Plata - Veta de cuarzo con ouro. Veta de Ilustración

Vetas de Ilustración editar

A Ilustración en canto que feminista, defínese como "procesos crítico reflexivos" aos que, seguindo a Celia Amorós, se lles chama "vetas de Ilustración".[3] Pois ben, considérase que estas vetas se poden atopar noutras culturas, podendo existir outras orixes ilustradas de feminismo. Amorós analiza as vetas no islam[4] Pola súa parte, Alejandra Ciriza no seu relatorio sobre feminismos en América Latina expón as notas para unha xenealoxía feminista en América Latina[5] Outras autoras abordan a cuestión dos feminismos latinoamericanos, baixo a perspectiva xeohistórica.[6]

Xenealoxías femininas editar

Tamén se emprega o termo 'xenealoxía' na liña do pensamento feminista da diferenza sexual, se ben a expresión que utilizan é a de «xenealoxías femininas».

A metáfora xenealóxica evoca e motiva a posibilidade de que cada muller se inscriba nunha filiación femenina, recoñecendo as mulleres que viñeron ao mundo antes ca ela e ás que chegaron despois [7]

Notas editar

  1. Beltrán e otras, Elena. Feminismo: debate teórico contemporáneo. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2012. 
  2. de Miguel, Ana. "Critica de libros. Celia AMORÓS: Tiempo de feminismo. Sobre feminismo, proyecto ilustrado y postmodernidad" (PDF). Consultado o 25 de agosto de 2012. 
  3. Amorós, Celia. "Por una Ilustración multicultural". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  4. Ramis Barceló, Rafael. "reseña del libro Vetas de la Ilustración.Reflexiones sobre el feminismo y el Islam". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  5. Ciriza, Alejandra. "Genealogías feministas e cidadanía. Notas sobre a cuestión das memorias dos feminismos en América Latina. Relatorio Mendoza, CONICET U. de Estudios de Género" (PDF). Consultado o 25 de agosto de 2012. 
  6. Lamus Canavate, Doris. "Localización geohistórica dos feminismos latinoamericanos". doi:10.4000/polis.1529. Consultado o 25 de agosto de 2012. 
  7. Hernández Piñero, Aránzazu. "Igualdad, diferencia:genealogía". Consultado o 25 de agosto de 2012.