O termo protofeminismo é, ás veces, aplicado a unha persoa que defendía valores semellantes ós actuais valores feministas nunha época na que o termo "feminista" aínda era descoñecido,[1] ou sexa, antes do século XX.[2][3] Porén, a utilidade do termo protofeminista é rexeitada por algúns estudosos modernos.[4]

Historia editar

Grecia Antiga editar

O libro cinco de A República de Platón discute o papel da muller. Na República, o estado ideal para as mulleres segundo Platón, sería traballar a carón dos homes, recibir a mesma educación, e igualdade en todos os aspectos do estado. A única excepción envolvendo as mulleres, era traballar en profesións que esixían máis forza física.[5]

Oriente Medio editar

En Oriente Medio durante a Idade Media, un dos primeiros esforzos para mellorar o estatuto das mulleres ocorreu durante o inicio de reformas do islam, que concedeu, ás mulleres, dereitos no casamento, divorcio e herdanza.[6] Ás mulleres, non era concedido estatuto legal noutras culturas, incluíndo o Occidente, até séculos máis tarde.[7] O Dicionario Oxford do Islam afirma que a melloría xeral no estado das mulleres árabes incluía a prohibición do infanticidio feminino e o recoñecemento da humanidade das mulleres.[8] "O dote, anteriormente considerado como o prezo da noiva pagado para o pai, tornouse un presente nupcial mantido pola esposa, como parte de súa propiedade persoal."[6][9] Baixo a lei islámica, o casamento xa non era máis visto como un "estado", mais si como un "contrato", en que o consentimento da muller era imperativo.[6][8][9] "As mulleres recibiron o dereito de herdanza dunha sociedade patriarcal que tiña anteriormente restrinxidos a herdanza de parentes do sexo masculino."[6] Annemarie Schimmel afirma que "en comparanza coa posición das mulleres preislámica, a lexislación islámica significou un enorme progreso; as mulleres tiñan dereitos, polo menos de acordo coa letra da lei, para administrar a riqueza que ela trouxera para a familia ou gañara polo seu propio traballo."[10]

Idade Media editar

Protofeministas da Idade Media recoñecidas como importantes participantes no desenvolvemento do feminismo inclúen a María de Francia, Leonor de Aquitania, Bettisia Gozzadini, Nicola de la Haye, Cristina de Pizán, Edviges de Polonia, Laura Cereta e Malinche.[11]

Notas editar

  1. Botting Eileen H, Houser Sarah L. "Drawing the Line of Equality: Hannah Mather Crocker on Women's Rights".
  2. Cott, Nancy F. 1987.
  3. Offen, Karen M. 2000.
  4. Ferguson, Margaret.
  5. Plato. "The Republic". classics.mit.edu. Translated by Benjamin Jowett. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Esposito (2005) p. 79
  7. Lindsay Jones, p.6224
  8. 8,0 8,1 Esposito (2004), p. 339
  9. 9,0 9,1 Khadduri (1978)
  10. Schimmel (1992) p.65
  11. Blain, Virginia, et al.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar