Xavier Henry

baloncestista estadounidense

Xavier Henry, nado en Gante (Bélxica) o 15 de marzo de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Xavier Henry
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 15 de marzo de 1991 (33 anos)
Gante, Bélxica
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Putnam City HS
(Oklahoma City)
Universidade Kansas (2009–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Memphis Grizzlies
Carreira 2010–2017
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2010–2012)
New Orleans Hornets (2012–2013)
Iowa Energy (2012)
Los Angeles Lakers (2013–2014)
Los Angeles D-Fenders (2014)
Santa Cruz Warriors (2015–2016)
Oklahoma City Blue (2016–2017)

Traxectoria profesional editar

O 7 de abril de 2010, Henry anunciou que ía renunciar ás súas últimas tres tempadas de universidade e presentarse ó Draft da NBA de 2010, onde se agardaba que fora escollido na primeira rolda.[1] O 24 de xuño, Henry foi elixido na 12ª posición do Draft polos Memphis Grizzlies.

O 4 de xaneiro de 2012, Henry foi adquirido polos New Orleans Hornets como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Marreese Speights ós Memphis Grizzlies, e dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft ós Philadelphia 76ers.[2] Henry foi asignado ós Iowa Energy da NBA D-League en marzo de 2012.[3] En 2013, os Hornets cambiaron o seu nome a Pelicans.

O 5 de setembro de 2013, Henry asinou cos Los Angeles Lakers.[4] O 28 de decembro de 2014, foi cortado polos Lakers.[5]

Notas editar

  1. "Kansas Freshman Henry Declares For NBA Draft". tsn.ca. 7 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  2. "HORNETS ACQUIRE HENRY". NBA.com. 2012-01-04. Consultado o 2012-01-04. 
  3. "Hornets Assign Xavier Henry To Iowa Energy". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  4. Lakers Sign Xavier Henry
  5. "Lakers Awarded Tarik Black on Waiver Claim". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 28 de decembro de 2014. Consultado o 28 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar