Xavier Ríos
Xavier Fernández Ríos, nado en Moaña en 1957, é un pintor e escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Xavier Fernández Ríos 1957 (66/67 anos) Moaña, España |
Outros nomes | Xavier Ríos |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarEmpezou os estudos de Primaria na Escola do Coxo, preto da súa casa, e rematounos no Seminario Menor en Santiago de Compostela. Despois, estudou Formación profesional (torneiro mecánico) en Pontevedra. O traballo de Xavier Ríos vai da pintura á escultura, na que utiliza metais diferentes e pedra. Algunhas esculturas súas están en Cangas e Moaña.
Dende 1988 ata hoxe son moitas as exposicións nas que participa tanto a nivel individual como formando parte de colectivos. Na actualidade imparte clases particulares de pintura e debuxo en Moaña. Está moi interesado na aplicación da informática ao traballo artistíco.
Exposicións
editarGalardóns e recoñecementos
editarDende 1995 o seu traballo tamén foi recoñecido con premios e bolsas de estudo:
- 1995: Bolsa Novos Valores. Deputación de Pontevedra
- 1995: Accésit Certame de Pintura Gran Bazán. Pontevedra
- 1997: I Premio de Escultura Artistas do Morrazo. Cangas
- 1998: III Premio de Pintura Salón de Outono R. A. Bellas Artes. A Coruña
- 2004: Accésit Certame de Pintura Conxemar. Vigo. Díaz Pardo. Deputación A Coruña
- 2010: seleccionado no certame Terras de Iria. A Coruña
- 2010: seleccionado no XXVII Certame de Pintura. Cambre
Notas
editar- ↑ Calvo, Juan (17 de febrero de 2016). "Un paseo por el arte de Moaña". Faro de Vigo. Consultado o 18 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xavier Ríos |
Ligazóns externas
editar- "Pinturas de Xavier Ríos na Capela do Hospital". xeadodetoxo. 25 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 21 de xuño de 2018.
- Bibliografía en PintoresGallegos.com (en castelán).