Un xantoma (/ksantóma/), do grego ξανθος, xanthos, 'amarelo', é unha deposición de material rico en colesterol amarelado que pode aparecer en calquera parte do corpo en varios estados de enfermidade.[2] A condición denomínase xantomatose. Os xantomas son manifestacións cutáneas de lipidose nas cales se acumulan lípidos en grandes células escumosas na pel.[2] Están asociados con hiperlipidemias, tanto de tipo primario coma secundario.

Fotografía dun paciente cuxos xeonllos mostran múltiples xantomas tuberosos[1]
Mans dun paciente que presenta xantomas múltiples.

Os xantomas de tendón están asociadas con hiperlipidemia de tipo II, obstrución do tracto biliar crónica e cirrose biliar primaria. Os xantomas palmares e os tuberoeruptivos (sobre os xeonllos e cóbados) aparecen na hiperlipidemia de tipo III.

Tipos editar

Xantelasma editar

 
Imaxe histolóxica dun xantoma que mostra células escumosas cargadas de lípidos con grandes áreas de gretas con colesterol, aumento de 10 ×, tinguidura de hematoxilina-eosina.[1]

Un xantelasma é unha acumlación con límites nítidos de cor amarelado de colesterol situada debaixo da pel, xeralmente nas pálpebras ou arredor delas. Estritamente, un xantelasma é unha condición distinta, que só se chama xantoma cando se fai máis grande e nodular, tomando proporcións de tumor.[3] Porén, é a miúdo clasificado simplemente como un subtipo de xantoma.[4]

Xantoma tuberoso editar

O xantoma tuberoso caracterízase por presentar xantomas localizados nas articulacións.[2]:530

Xantoma tendinoso editar

O xantoma tendinoso[5] caracterízase clinicamente pola aparición de pápulas e nódulos encontrados nos tendóns das mans, pés e talóns.[2]:531 Tamén está asociado coa hipercolesterolemia familiar.[6]

Xantoma eruptivo editar

O xantoma eruptivo (ILDS E78.220) caracterízase clinicamente por pequenas pápulas de amarelas-laranxa a marróns avermelladas que aparecen por todo o corpo.[2]:531 Tende a estar asociado cun nivel elevado de triglicéridos [7]

Xantoma plano editar

O xantoma plano (ILDS D76.370) caracterízase clinicacmente por ter máculas e placas espalladas difusamente en grandes áreas do corpo.[2]:531

Xantoma palmar editar

O xantoma palmar caracterízase clinicamente pola aparición de pequenas placas amareladas que afectan ás palmas e superficies de flexión dos dedos.[2]:531 Caracterízase por máculas amareladas ou alaranxadas ou planas ou placas lixeiramente elevadas, a miúdo cunha área central branca que poden estar localizadas ou ser xeneralizadas. A miúdo orixínanse nos pregamentos da pel, especialmente nas raias das palmas das mans. Aparecen na hiperlipoproteinemia de tipo III e de tipo IIA, e en asociación coa cirrose biliar. A presenza de xantomas palmares ou a presenza de xantomas tendinosos, son indicadores de hipercolesterolemia.

Xantoma tuberoeruptivo editar

O xantoma tuberoeruptivo (ILDS E78.210) caracterízase clinicamente pola aparición de pápulas e nódulos que aparecen inflamadas e tenden a coalescer.[2]:532 Os xantomas tuberosos son considerados similares, e dentro do mesmo espectro de enfermidades como o xantoma eruptivo.[5]

Outros tipos editar

Outros tipos de xantomas identificados en dicionarios médicos son:[8]

  • xantoma dos diabéticos: un tipo de xantoma eruptivo, a miúdo con diabetes grave.
  • xantoma diseminado: un raro tipo de xantoma, que consta de histiocitos non X en superficies de flexión, asociados con diabetes insípida.
  • xantoma verrucoso: tamén chamado histocitose Y, un papiloma da mucosa oral e a pel, no que o tecido conectivo situado baixo o epitelio contén histiocitos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Kumar et al. Cases Journal 2008
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 James, William D.; Berger, Timothy G.; et al. (2006). Andrews' Diseases of the Skin: clinical Dermatology. Saunders Elsevier. ISBN 0-7216-2921-0. 
  3. Shields, Carol; Shields, Jerry (2008). Eyelid, conjunctival, and orbital tumors: atlas and textbook. Hagerstwon, MD: Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 0-7817-7578-7. 
  4. thefreedictionary.com > xanthelasma Citing: The American Heritage Medical Dictionary Copyright 2007, 2004 and Mosby's Medical Dictionary, 8th edition. 2009
  5. 5,0 5,1 Rapini, Ronald P.; Bolognia, Jean L.; Jorizzo, Joseph L. (2007). Dermatology: 2-Volume Set. St. Louis: Mosby. pp. 1415–16. ISBN 1-4160-2999-0. 
  6. van den Bosch, Harrie C.M.; Vos, Louwerens D. (1998). "Achilles'-Tendon Xanthoma in Familial Hypercholesterolemia". New England Journal of Medicine 338 (22): 1591–1591. ISSN 0028-4793. PMID 9603797. doi:10.1056/NEJM199805283382205. 
  7. Digby M; Belli R; McGraw T; Lee A (2011). "Eruptive xanthomas as a cutaneous manifestation of hypertriglyceridemia: a case report". J Clin Aesthet Dermatol 4: 44–6. PMC 3030216. PMID 21278899. 
  8. "Xanthoma". Medical Dictionary - Dictionary of Medicine and Human Biology. Consultado o 2015-02-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar