Xan das Bólas

actor galego
(Redirección desde «Xan das Bolas»)

Tomás Ares Pena, alcumado Xan das Bólas, nado na Coruña o 30 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1977, foi un actor galego.

Xan das Bólas
Alcume/outrosXan das Bólas
Nacemento30 de outubro de 1908
LugarA Coruña
Falecemento13 de outubro de 1977
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor, actor de cinema e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm0034380 Allocine: 596307 Allmovie: p207155 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Iniciouse no teatro na década dos anos 30 como humorista e actor de variedades. Finalizada a guerra civil española, emprendeu a súa carreira cinematográfica con Salomé (1940).

Nos anos seguintes chegou a consagrarse como un dos actores secundarios coa traxectoria máis extensa na historia do cinema español. A súa filmografía supera as duascentas películas e traballou ás ordes dalgúns dos máis importantes cineastas españois como Florián Rey, Luis Lucia, José Luis Sáenz de Heredia, Juan de Orduña, Luis García Berlanga o Juan Antonio Bardem.

Na televisión traballou na serie Crónicas de un pueblo e acompañou a Fernando Fernán Gómez en El Pícaro (1974), capítulo 1: "Lucas desea un traje y un amo y encuentra las dos cosas".

Filmografía editar

A seguinte listaxe é sóamente unha escolma da súa filmografía:

Notas editar