Xaime Requeixo
escritor español
Xaime Manuel Requeixo Souto, nado en Lugo o 28 de outubro de 1969, é un avogado e escritor galego.
Xaime Requeixo | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1969 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filoloxía Hispánica (1992) e en Dereito (1997) pola Universidade de Santiago e Doutor Europeo en Dereito Civil pola Universidade de Boloña (2002). Exerceu a avogacía por conta propia e allea, foi profesor de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Departamento de Dereito Común da Universidade de Santiago e logo pasou a dar clases na Universidade Internacional da Rioxa. Presentouse en varias eleccións nas listas de Converxencia 21 e nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 encabezou a lista do partido pola Coruña[1]. E dende abril de 2018 é o secretario xeral desa formación[2].
Obra en galegoEditar
EnsaioEditar
- A xerarquización, 2006, Alvarellos.
Obra en italianoEditar
EnsaioEditar
- Il dovere di informazione del chirurgo estetico nel diritto italiano, 2005, Unidixital, Santiago.
Obra en castelánEditar
Obras colectivasEditar
- Derecho y responsabilidad civil gerontológica, 2007, editorial Mayán, Santiago.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Xaime Requeixo na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.