Mago Xacobe

mago galego
(Redirección desde «Xacobe Sanz»)

Xacobe Sanz, máis coñecido como mago Xacobe, nado en Santiago de Compostela o 14 de xullo de 1983, é un mago galego.

Mago Xacobe
Nacemento14 de xullo de 1983
LugarSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Profesiónmago
Na rede
https://www.magoxacobe.com
Facebook: magoxacobe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Iniciouse no mundo da maxia en 1994. A súa primeira intervención televisiva produciuse no programa Pasarela de estrelas en 1995 e, en 1999, acudiu ás Tardes con Ana (TVG).

Comezou a traballar profesionalmente na televisión en 2001, primeiro en Localia de Santiago de Compostela, onde conducía un programa semanal de maxia, e logo colaborando esporadicamente en espazos da TVG. Desde 2003 participa en producións de entretemento como Supermartes ou Luar combinando esta faceta coa interpretación en curtametraxes.

Realiza colaboracións con diferentes medios galegos, como El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Radio Obradoiro. Comezou estudos de interpretación en Madrid no ano 2001, acudindo á escola Karpas Teatro, dirixida por Manuel Carcedo e Julio Pascual. Como mago realizou máis de 500 actuacións por toda España e, como actor, é protagonista de dúas curtametraxes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

www.magoxacobe.com