Xavier Blanco

mestre gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional
(Redirección desde «Xabier Blanco»)


Xosé Xavier Blanco Nogueira, nado en Moaña o 20 de febreiro do 1966, é mestre gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional.

Infotaula de personaXavier Blanco
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro , artesán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xavier Blanco naceu no seo dunha familia de fonda tradición musical, onde adquiriu a técnica da gaita, un amplo repertorio en música tradicional galega e o interese polos fundamentos da música galega actual.

Empezou a tocar a gaita aos sete anos e aos dezaseis funda a banda de gaitas "Semente Nova", da que saen gaiteiros coma Xosé Manuel Budiño, Iván Costa Blanco e Anxo Lorenzo. En 1985 conseguiu a praza de mestre de gaita do concello de Moaña, converténdose nun dos primeiros mestres de gaita en nómina no cadro de persoal dun organismo institucional de Galicia.

Docencia editar

Xabier Blanco dirixe a Escola da Música Tradicional do Concello de Moaña[1], repartindo a súa dedicación profesional ó ensino, á investigación, á recolleita e catalogación, tanto de instrumentos coma de pezas musicais.

Investigación editar

No seu labor coma investigador Xabier Blanco reúne unha colección de máis de 2.000 pezas, entre as que destacan os máis de 800 instrumentos en perigo de ser esquecidos na tradición. Froito deste labor é o seu arquivo, con máis de 50.000 documentos nos que se atopan dende pezas e xéneros perdidos, bailes como a "Cana Verde", "O Tras-trás", "O Canizo" e técnicas referidas á artesanía dos instrumentos, coma un verniz ecolóxico feito a partir da codia dunha árbore, ata sistemas tapa poros por medio dos mariñados para a conservación da pel.

O recoñecemento ó seu traballo como investigador débese á recuperación de dous instrumentos que levaban máis de cen anos sen escoitarse por terras de Moaña, como son a gaita de cana e a zanfona diatónica. Para iso contrastou a información recollida dos máis vellos do lugar coa documentación existente sobre instrumentos que gardaban certa similitude. A gaita de cana de Moaña representa os orixes da gaita moderna, e aínda que existen noutros lugares instrumentos parecidos, a de Moaña garda algunhas peculiaridades diferenciadoras que identificou Xabier Blanco.

Traballos publicados editar

Algúns dos seus estudos aparecen publicados en "Toques, Asubíos e Cantores", "Os traballos da pel secada" e "A gaita de Moaña", "O Gaiteirro verde", entre outros.

Ten publicados os seguintes traballos discográficos: "A Gaita de Cana de Moaña", "Instrumentos Pobres" e "Gaitas Troncais", "Lei Natural" e "Fun ó Canaval".

Como músico, Xabier Blanco participou en festivais e encontros de música tradicional por todo o estado e pola maioría de países europeos. Entre eles o prestixioso festival de Lorient, o Encontro de Gaiteiros Ibéricos de Tarragona ou o Congreso de Ensinantes da Asociación de Gaiteiros Galegos de Santiago de Compostela. Colaborou en discos de Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Os Carunchos, a Banda de Gaitas Arestora e Os d´abaixo e outros.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar