Xabier Abalo Costa
político galego
Xabier Abalo Costa, nado en Cangas, é un político galego do BN-PG e do BNG. Alcalde de Moaña en tres lexislaturas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Cangas, España |
Alcalde de Moaña | |
1995 – 1999 | |
Alcalde de Moaña | |
1979 – 1987 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | Mariano Abalo |
Traxectoria
editarFoi elixido alcalde do Concello de Moaña en 1979 en coalición con Unidade Galega, perdendo a alcaldía en 1987. Volveu ser alcalde de 1995 a 1999. No seu mandato fíxose a II edición do festival folk do Morrazo, primeira edición internacional do Intercéltico, e encabezou as protestas en 1982 contra os residuos nucleares que botaban ao mar buques coma o Scheldeborg.
Predecesor: José Cruz Miranda |
Alcalde de Moaña 1979 - 1987 |
Sucesor: Cándido Pena Viéitez
|
Predecesor: Cándido Pena Viéitez |
Alcalde de Moaña 1995 - 1999 |
Sucesor: Xavier Barreiro Tenorio |