XTRMNTR é o sexto álbum da banda escocesa de rock alternativo Primal Scream, publicado o 31 de xaneiro de 2000 no Reino Unido a través do selo Creation Records e o 2 de maio nos Estados Unidos por Astralwerks.[1] Afastándose das súas primeiras gravacións máis hedonistas, o grupo tomou unha postura máis política, atacando ao goberno, á policía e a corporacións multinacionais. O seu son é máis agresivo e enérxico que os anteriores traballos de Primal Scream, con sons duros e industriais que forman a base de moitas das súas cancións. Aínda que Gary Mounfield unírase á banda en 1997 e gravara unha selección de temas no seu anterior álbum Vanishing Point, este álbum foi a primeira vez que compartía os créditos de coposición co resto da banda, ademais de ser o seu primeiro álbum dende o seu tempo con The Stone Roses. O álbum destaca por ser o derradeiro longa duración de Creation Records, co tema "Accelerator" posteriormente converténdose no derradeiro sinxelo publicado polo selo.

XTRMNTR
Álbum de Primal Scream
Publicado31 de xaneiro de 2000
Gravación1997-1999
Duración60:24
Xénero(s)rock industrial
Selo(s)Creation Records, Astralwerks
Producido porBrendan Lynch, Primal Scream, Jagz Kooner, David Holmes, Hugo Nicolson, The Chemical Brothers, Kevin Shields, Tim Holmes
Cronoloxía
Echo Dek XTRMNTR Evil Heat

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Primal Scream, agás onde se indique. 

N.º Título Duración
1. "Kill All Hippies" (composta por Primal Scream/M. Nelson/Discovery Productions Inc.) 4:57
2. "Accelerator"   3:41
3. "Exterminator"   5:49
4. "Swastika Eyes" (Jagz Kooner Mix) 7:05
5. "Pills"   4:17
6. "Blood Money"   7:03
7. "Keep Your Dreams" (Mani) 5:24
8. "Insect Royalty"   3:35
9. "MBV Arkestra (If They Move Kill 'Em)"   6:41
10. "Swastika Eyes" (Chemical Brothers Mix) 6:33
11. "Shoot Speed/Kill Light"   5:19

Notas editar

Notas editar

  1. "XTRMNTR - Primal Scream | Releases". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-04-04. 
  2. "Primal Scream's 'Kill All Hippies' - Discover the Sample Source". WhoSampled (en inglés). Consultado o 2019-04-05. 
  3. "Primal Scream's 'Kill All Hippies' - Discover the Sample Source". WhoSampled (en inglés). Consultado o 2019-04-05.