Xénero (arte)

Un xénero artístico é unha división dunha forma concreta de arte conforme criterios particulares a esa forma. En todas as artes, os xéneros son categorías vagas con límites pouco definidos. Os xéneros están formados por unha serie de convencións, de xeito que moitas obras sitúanse entre múltiples xéneros por medio de empréstimos e recombinación de tales convencións.

O xénero na literaturaEditar

Artigo principal: xéneros literarios.

Os xéneros están divididos en subxéneros. Na literatura, por exemplo, están organizados en "xéneros poéticos" e "xéneros en prosa". A poesía subdividiuse tradicionalmente en épica, lírica, e poesía dramática, en tanto que a prosa podería dividirse en ficción e non ficción. Outras subdivisions da poesía dramática poderían incluír a comedia, a traxedia, e o melodrama. Esta subdivisión podería continuarse: a "comedia" ten os seus propios subxéneros, por exemplo, a farsa, a comedia de costumes, a burlesca, e a sátira.

O xénero no cineEditar

Artigo principal: xéneros cinematográficos.

No cine, o xénero defínese a través da inclusión dalgunha destes características:

O xénero na pinturaEditar

Nas arte formais tales como a música, pintura, e escultura, o xénero tende a estar determinado polo formato e o estilo.

No campo da pintura, existe unha "xerarquía dos xéneros" asociada coa Academia Francesa, que nun tempo tivo un papel central na arte académica. Estes xéneros, listados en orde xerárquica, son:

Estas categorías xogaron un papel importante entre o século XVII e a época moderna cando os pintores e os críticos comezaron a rebelarse contra as regras da Academia, incluída a preferencia pola pintura histórica.

O xénero nas artes e nos mediosEditar

As convenciónsEditar

En todos os campos da arte hai convencións que poden obedecer a simples expectativas (os cadros son rectangulares) e mecanismos típicos do xénero (unha comedia acaba en casamento; un western pode acabar co heroe cabalgando contra o solpor). Estas convencións xenéricas están vencelladas de maneira estreita a xéneros artísticos concretos axudando a definir o que é un "xénero". Algunhas desas convención poden acabar orixinando clixés.

As audienciasEditar

Aínda que a maior parte dos xéneros son vagamente definibles, as consideracións xenéricas constitúen un dos factores máis importantes do que as persoas len ou ven. Moitos xéneros acabaron conformando as súas propias audiencias e as publicacións que as apoian, tales como revistas, magazines e sitios web. Os libros e os filmes que son difíciles de encaixar nun xénero teñen moitas veces menos éxito comercial que as que son doadas de clasificar.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar