Wish You Were Here

Álbum de Pink Floyd

Wish You Were Here é o noveno álbum de estudio da banda británica de rock progresivo Pink Floyd, publicado en setembro de 1975 e inspirado no material que compuxeron durante a súa xira europea de 1974 e que gravaron nos Abbey Road Studios de Londres. A temática do álbum explora a ausencia, a industria musical e os problemas mentais do anterior membro da banda Syd Barrett. As sesións de gravación foron arduas e complicadas, en parte pola idea de Roger Waters de dividir a canción "Shine On You Crazy Diamond", para despois unir cada metade con tres novas composicións. "Shine On" é un tributo a Barrett, quen se presentara nos estudos o 5 de xuño no momento no que se gravaba.

Wish You Were Here
Álbum de Pink Floyd
Publicado12 de setembro de 1975
Gravaciónxaneiro e xuño de 1975
Estudio(s)Abbey Road Studios, Londres
Duración44:24
Xénero(s)rock progresivo
Selo(s)Harvest, EMI
Producido porPink Floyd
Cronoloxía
The Dark Side of the Moon Wish You Were Here Animals
Roy Harper, voz da canción "Have a Cigar"

Historia editar

 
Fotografía dos estudos de Warner Bros, onde foi tomada a foto da portada.

En 1974 Pink Floyd compuxo tres novos temas; "Raving and Drooling", "Gotta Be Crazy" e "Shine On You Crazy Diamond", que tocaron previamente nunha serie de concertos por Francia e en Gran Bretaña, como parte da súa primeira xira desde a que fixeran en 1973 para promocionar o álbum The Dark Side of the Moon. A banda nunca contratara un publicista. A súa relación coa prensa comezou a volverse máis tensa, polo que despois dunha forte crítica de Nick Kent (devoto de Syd Barrett) sobre o seu novo material e outra de Pete Erskine da revista NME, regresaron aos estudos de gravación en 1975 para comezar a dar forma o seu novo disco.