Wilson Greatbatch

Wilson Greatbatch, nado en Buffalo o 6 de setembro de 1919 e finado en Williamsville o 27 de setembro de 2011, foi un enxeñeiro e inventor estadounidense que realizou avances no desenvolvemento do primeiro marcapasos cardíaco implantábel, aínda que adoita ser recoñecido como o inventor do marcapasos en xeral. Era graduado pola Universidade Cornell e a Universidade de Buffalo.[1] Rexistrou máis de 350 patentes, foi membro do National Inventors Hall of Fame e recibiu o Premio Lemelson-MIT en 1996.[1][2]

Wilson Greatbatch
Nacemento6 de setembro de 1919
Lugar de nacementoBuffalo
Falecemento27 de setembro de 2011
Lugar de falecementoBuffalo
NacionalidadeReino Unido, Estados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversidade de Buffalo, Universidade Cornell, Cornell University College of Engineering, West Seneca East Senior High School e Weill Cornell Medicine
Ocupaciónenxeñeiro e inventor
PremiosPrêmio Lemelson–MIT, Medalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Medalha Holley e Prêmio Russ
Na rede
WikiTree: Greatbatch-13 Find a Grave: 77202161 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Greatbatch naceu en Buffalo, Nova York, e asistiu á escola pública West Seneca High School.[3][4] Realizou o servizo militar e serviu durante a segunda guerra mundial, converténdose e xefe de radio da aviación antes de recibir unha licenza honorable en 1945.[4] Asistiu á Universidade Cornell como parte do GI Bill, graduándose cun B.E.E. en enxeñaría eléctrica en 1950; recibiu un mestrado pola Universidade de Buffalo en 1957. A Greatbatch gustáballe manipular obxectos, o que o levou a realizar outras cousas.[4]

Achegas ao desenvolvemento do marcapasosEditar

Os marcapasos implantábeis construídos por Greatbatch comezaron a empregarse en abril de 1960 logo de numerosas probas en animais. O uso de baterías de mercurio como fonte de enerxía foi a grande innovación de Greatbatch, quen se baseou nos primeiros dispositivos suecos deseñados por Rune Elmqvist. O primeiro paciente en recibir un deses marcapasos con baterías de mercurio viviu máis de dezaoito meses.

Contra finais da década de 1960, moitas compañías nos Estados Unidos desenvolveron marcapasos accionados por un xerador termoeléctrico de radioisótopos, mais foron superados polo desenvolvemento en 1971 da cela de ioduro de litio por Wilson Greatbatch. As celas de ioduro de litio ou ánodo de litio convertéronse no estándar para futuros deseños de marcapasos.

PasamentoEditar

Greatbatch actuou como presbítero na igrexa presbiteriana Clarence, en que cantou no croro e daba clases na escola dominical.[5]

Wilson Greatbatch faleceu aos 92 anos o 27 de setembro de 2011.[6][7]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Wilson Greatbatch" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2011. 
  2. "Implantable pacemaker inventor Wilson Greatbatch dies". BBC News (en inglés). 27 de setembro de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2011. 
  3. "Oral-History:Wilson Greatbatch - Engineering and Technology History Wiki". ethw.org (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Wilson Greatbatch". Inventor profile. National Inventors Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2011. 
  5. "Remembering Wilson Greatbatch". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  6. Feder, Barnaby (28 de setembro de 2011). "Wilson Greatbatch, Pacemaker Inventor, Dies at 92". The New York Times. 
  7. Richmond, Caroline (29 de setembro de 2011). "Wilson Greatbatch obituary". The Guardian (Londres). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Beck H, Boden WE, Patibandla S, Kireyev D, Gutpa V, Campagna F, Cain ME, Marine JE.50th Anniversary of the first successful permanent pacemaker implantation in the United States: historical review and future directions. Am J Cardiol. 15 de setembro de 2010; 106(6):810-8.

Ligazóns externasEditar